& (アンド, Ando?, do inglés And) é o sinxelo nº 29 da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, orixinalmente lanzado o 9 de xullo do ano 2003.
Este é o terceiro single da cantante que contén máis de 2 cancións que son singles; aquí hai 3 cancións lados A, á parte dunha canción máis como bonus.
A marxe de 10 meses deste lanzamento con respecto o anterior Voyage (que é considerado unha das marxes de tempo máis largas entre dous singles da artista) debese principalmente ó lanzamento que ocorreu entremedio da segunda compilación de cancións de Ayumi Hamasaki, A BALLADS.
Os temas "Ourselves" e "Greatful days" foron compostos por Bounceback, e "HANABI ~episode II~" e "Theme for a-nation" foron compostas por CREA e D·A·I.
As cancións do single
"Ourselves" un gran cambio para a artista a un ritmo máis R&B (aínda que xa adentrado desde o 2002 coa canción "Real me"). O vídeo musical da canción tamén logrou chamar a atención debido a que era moi distinto as producións anteriores. Dentro do vídeo mostrase como Ayumi é acosada por persoas que utilizan a súa propia máscara, sendo encerrada no seu propio auto. Dentro do transcurso de todo o vídeo a xente a ataca, rompen imaxes súas etc.
O segundo tema do single, "Greatful days", é considerado un tema relaxado, acorde có verán, época na que & foi lanzado. No vídeo musical foi utilizado un crocodilo, que se viu nalgunhas ocasións se cadra demasiado preto de Ayumi, pero realmente non estiveron preto, e fixeron efectos gráficos para dar a impresión de que así era. A palabra Greatful non existe nó vocabulario inglés, polo que podería dicirse que a artista a inventou. "Greatful days" foi a canción imaxe do programa de variedades de Ayumi Hamasaki, ayu ready?.
Por último o terceiro single incluído, "HANABI ~episode II~", é a continuación do tema do 2002 "HANABI", o cal foi incluído no single H. O tema é considerado un dos máis profundos e melancólicos da artista, e é un dos únicos vídeos musicais onde se lle pode ver claramente chorar, a pesar de ser un vídeo bastante sinxelo.
O tema incluído como bonus track do single "Theme for a-nation '03", foi supostamente un tema que Ayumi gravou como lema para a xira a-nation do ano 2003, de aí deriva o título da canción. Pero xamais cantou dita canción dentro da xira, e os únicos rexistros gravados que se teñen desta canción é o 31 de decembro do 2005 cando a artista cantou a canción dentro do seu concerto do final de ano COUNTDOWN LIVE 2005-2006, ironicamente dous anos despois do a-nation '03.
Lista de temas
# |
Título
|
1. |
Ourselves "Original Mix"
|
2. |
Greatful days "Original Mix"
|
3. |
HANABI ~episode II~ "Original Mix"
|
4. |
Theme of a-nation '03
|
5. |
Ourselves "Original Mix -Instrumental-"
|
6. |
Greatful days "Original Mix -Instrumental-"
|
7. |
HANABI ~episode II~ "Original Mix -Instrumental-"
|
Posición nas listas
Lanzamento
|
Lista
|
Máxima posición
|
Vendas na primeira semana
|
Vendas totais
|
Semanas
|
9 de xullo de 2003
|
Oricon Daily Singles Chart
|
#1
|
|
|
|
9 de xullo de 2003
|
Oricon Weekly Singles Chart
|
#1
|
287,002
|
592,000
|
16
|
9 de xullo de 2003
|
Oricon Monthly Singles Chart
|
#8
|
|
|
|
|
---|
Álbums de estudio | |
---|
DVDs |
- A Film for ××
- A Clips
- A Clips Vol.2
- Tsuki-ni Shizumu
- Ayumi Hamasaki Complete Live Box A
- Complete Clip Box
- Distance Love
|
---|
Sinxelos | |
---|
Compilacións | |
---|
Remixes | |
---|
Filmografía |
- Twins Teacher
- Battle spirits ryûko no ken
- Sumomo mo momo
- Miseinen
- Like Grains of Sand
- Gakko II
|
---|