Un élitro (do grego ἔλυτρον, elitron, 'vaíña, cuberta')[1][2] é unha á anterior modificada e endurecida de certas ordes de insectos, que son fundamentalmente os coleópteros e algúns hemípteros; non obstante, na maioría dos hemípteros, as ás anteriores son denominadas hemélitros, nas que só a metade basal está engrosada, mentres que o resto é membranoso.
Descrición
Os élitros serven principalmente como estoxos que protexen as ás posteriores que están debaixo, que son as que se utilizan para voar. Para voar, un escaravello abre os seus élitros e despois estende as ás posteriores, botándose a voar mantendo os élitros abertos, aínda que algunhas familias de Scarabaeidae e Buprestidae poden voar cos élitros pechados.
Nalgúns grupos, os élitros están fusionados, o que fai que non poidan voar. Algúns dos escaravellos carábidos son un bo exemplo disto.
Outros usos
O termo tamén se usa para describir as escamas dalgúns vermes poliquetos, como os Polynoidae.[3] Estas extensións da parede corporal distínguense das quetas, que crecen a partir de folículos e posúen raíces.[4]
Notas
↑Michelle Gleeson (2016). Miniature Lives: Identifying Insects in Your Home and Garden. Csiro Publishing. p. 313. ISBN9781486301386.
↑Augustus Radcliffe Grote (1909). Canadian Entomologist41. Entomological Society of Canada.