.cl |
---|
Ano de creación | 1987 |
---|
Tipo | ccTLD |
---|
Estado | activo |
---|
Rexistrador | NIC Chile |
---|
Patrocinador | NIC Chile (Universidade de Chile) |
---|
Finalidade | Persoas naturais ou xurídicas aveciñadas ou domiciliadas en calquera parte do mundo |
---|
Uso actual | moi popular en Chile |
---|
Restricións de uso | Calquera persoa natural ou xurídica, nacional ou estranxeira pode rexistrar un nome de dominio .CL[1] |
---|
País | Chile |
---|
Web | NIC Chile |
---|
[ editar datos en Wikidata ] |
.cl é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Chile creado en 1987[2]. É administrado por NIC Chile, organismo dependente da Universidade de Chile. O regulamento para o funcionamento do Rexistro de nomes de dominio .CL, vixente desde decembro de 2013, eliminou o requisito previo de identificación persoal ao momento de inscribir un nome. Excepcionalmente, NIC Chile resérvase a facultade de pedir información que comprobe a identidade do titular, cando sexa necesario.
A sintaxe dos dominios que poden ser inscritos en NIC Chile (como wikipedia.cl), encóntranse descrita nas Regras de Sintaxes vixentes.
O rexistro de dominio, tanto para persoas físicas como para empresas, foi gratuíto ata 1997. Actualmente, ten un valor de CL$ 9 950 con 19 % IVE incluído polo primeiro ano de cobertura da inscrición.
Ademais de nacións como Alemaña, Austria, Brasil e Polonia, Chile permite o registro de Nome de dominio internacionalizado (IDN), é dicir, con caracteres non-ASCII.
Chile é o primeiro país de lingua castelá en permitir o rexistro de dominios con vogais acentuadas (á é í ó ú), a letra U con diérese (ü) e a letra Ñ desde o 21 de setembro de 2005[3], como por exemplo www.ñandú.cl.
Baixo este dominio, a diferenza do resto de América Latina, non existe a obriga de someterse baixo un dominio de segundo nivel (SLD); calquera rexistrante pode obter un dominio de segundo nivel.
Desde abril do 2011 soporta DNSSEC, a zona está asinada e, polo tanto, calquera dominio que queira asinar os seus rexistros pode facelo[4].
O día 23 de marzo de 2016 acadouse a cifra de 500 mil dominios rexistrados e activos[5].
Soporte para IPv6
A partir do ano 2007, os nomes de dominio .CL poden informar DNS con rexistros IPv6 (AAAA)[6] e desde 2008 dispón de servidores de nome para .CL con soporte IPv6, desde a súa inclusión na raíz do DNS, en xaneiro de 2008. No informe de Hurricane Electric do 28 de maio de 2012, .cl aparece como dominio con soporte para IPv6 e con nameservers en IPv6 [7]. Para xuño de 2016, todos os seus servizos en liña son compatibles con IPv6.
Historia
NIC Chile ten realizado esforzos pioneiros para preparar a súa adopción planificada e exitosa das tecnoloxías IPv6. No ano 2005 obtivo o seu prefixo IPv6 (2001:1398::/32), activando conectividade IPv6 en forma experimental desde inicios de 2006. Desde mediados de 2008 contou con conectividad nativa IPv6 (dual stack) e participou en 2009 no primeiro banco de probas IPv6 de Google.
A organización fomentou e colaborou, con esforzos locais e rexionais, na sensibilización e capacitación sobre o protocolo numérico de nova xeración, participando en 2005 e 2007 nos seminarios "IPv6 Tour", organizados en Santiago de Chile xuntamente con LACNIC e a Subsecretaría de Telecomunicacións (Subtel). No ano 2011, o Laboratorio de Investigación Aplicada e Transferencia Tecnolóxica de NIC Chile, en conxunto con Subtel e co apoio da Corporación de Fomento da Produción, desenvolveron o proxecto "IPv6 para Chile"[8], orientado ao desenvolvemento dun roadmap para a posta en funcionamento de IPv6 nas principais redes de conectividade dixital de Chile, establecendo un plan que involucraba operadores, axencias gobernamentais e empresas interesadas en desenvolver o tema.[9]
Véxase tamén
Notas
Todas as referencias en castelán agás cando se indique o contrario.
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Activos | |
---|
Reservados / sen asignar | |
---|
Asignados / ser usar | |
---|
En proceso de eliminación | |
---|
Borrados / retirados | |
---|
|