Nesta cerimonia prohibiuse a cobertura pola radio. O reporteiro George Fischer de Mutual Radio Network, KHJ, dos Ánxeles, que estivera a informar dos premios dende 1930, encerrouse nunha cabina e puido retransmitir doce minutos antes de que os gardas de seguridade rompesen a porta. A emisión parcial pola radio volveu permitirse de novo na cerimonia de 1942.[2]
Por primeira vez foi candidato ao Óscar ao mellor filme unha obra en lingua estranxeira, La Grande Illusion, de Jean Renoir.
Premios
Os gañadores aparecen en primeiro lugar e en grosas.
J. Arthur Ball, "polas súas importantes contribucións ao avance da cor na fotografía cinematográfica".
Walt Disney "por crear Snow White and the Seven Dwarfs, recoñecida como unha significativa innovación na pantalla que encantou a millóns e foi pioneira dun grande e novo campo de entretemento no cinema de animación".
Harry M. Warner "en recoñecemento do servizo patriótico na produción de curtametraxes históricas que presentan episodios significativos das primeiras loitas do pobo americano pola liberdade".
Deanna Durbin e Mickey Rooney, "polas súas significativas contribucións ao levar á pantalla o espírito e a personificación da mocidade, e como intérpretes xuvenís que esteblecen un estándar alto de habilidade".