21 horas en Munich (en inglés: 21 Hours at Munich) é un telefilme estadounidense dirixido por William A. Graham que se estreou en 1976. Baséase no libro The Blood of Israel de Serge Groussard[1] e conta os eventos reais ocorridos no masacre de Múnic.[2] Foi emitido pola canle ABC o 7 de novembro de 1976.[3] Malia a súa orixe televisiva, o filme foi estreado nos cines de varios países.
Estreouse en galego o 6 de xullo de 1992 a través da TVG.[4]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas