O equipo de Mike Brown alcumou a este obxecto coma Brancaneves, debido ó seu gran brillo.[10] Tamén alcumado polo equipo de Brown coma o sétimo anano, despois dos descubrimentos Quaoar no 2002, Sedna no 2003, Haumea e Orcus no 2004, e Makemake e Eris no 2005. En palabras de Brown, "realmente aínda no propuxemos ningún nome para el, por que non demos cun nome con suficiente significado.[10] Actualmente é o obxecto máis grande do Sistema Solar sen nome propio.
Características
2007 OR10 acadou o seu perihelio ó redor do ano 1856.[4] Actualmente está a unhas 86 UAs repecto do Sol.[9][11] Isto fai del o terceiro obxecto coñecido máis distante dentro do Sistema Solar, despois de Eris (97 UAs) e Sedna (88 UAs).[10] De feito, no 2013, estará máis afastado do Sol cá Sedna[11], e xa para o ano 2045, estará máis afastado do Sol cá Sedna e Eris,[12] moito máis tarde acadará o seu afelio, cara o ano 2130.[11]
Gonggong ten unha órbita semellante a do planeta ananoEris,[13] facendo del un obxecto do disco disperso.[2] Foi descuberto a través dunha procura de obxectos realizada na área que ocupaba Sedna.[14] Gonggong foi observado 46 veces, sete delas en oposición con imaxes recuperadas que nos retrotraen ó ano 1985.[4]
Erro: Cómpre especificar unha imaxe na primeira liña.
O movemento preliminar de Gonggong fica nunha resonancia orbital con Neptuno de 10:3. Esta resonancia non está confirmada e podería ser unha sinxela coincidencia que estivese preto dunha resonancia.[3]
O tamaño dun obxecto depende da súa magnitude absoluta (H) e do seu albedo (a cantidade de luz cun corpo reflicte). Gonggong ten unha magnitude absoluta (H) de 1,7.[4] Isto foi del un obxecto lixeiramente menos brillante cá Sedna (H=1,6; <1600 km)[15] e máis brillante cá Orcus (H=2,3; ~950 km).[16] É posible que Gonggong teña un tamaño entre o de Sedna e o de Quaoar (H=2,6).[10]
Gonggong é un dos obxectos trans-neptunianos máis vermellos que se coñecen.[8] Isto probablemente é debido á retención de metano.[8]