4.600-M < 3.800-M < 2.500-M
Hai uns 3.800 millóns de anos consolidouse a Terra como planeta. Ese momento está incluído nun período aproximado de 1.600 millóns de anos (dende hai 4.600 ata 2.500 millóns de anos) que recibe diferentes nomes segundo os autores, se ben non hai un acordo unitario nos xeólogos en canto á datación:
Subdivisións
Subdivídese en tres eras:
- Inferior (Azoico): O planeta é unha bola quente, hai subsistencias de grande intensidade sísmica. A atmosfera é completamente gasosa abundando os metais no estado líquido. Duración estimativa do período dende o 4.600 ata 3.800 aproximadamente.
- Media (Azoico - Arcaico): O planeta non arrefriou de todo, segue a intensidade sísmica. Clarexa a atmosfera nalgúns puntos permitindo a entrada dos raios do Sol. Duración estimativa do período dende o 3.800 ata 3.400 aproximadamente.
- Superior (Arcaico): Comezan a formarse rugosidades que darán lugar aos primeiros continentes. Segue a intensidade sísmica. A atmosfera é diáfana, con abundantes choivas. Non se descarta a abundancia no aire de metano e carbono. Duración estimativa do período dende o 3.400 ata 3.000 aproximadamente.
Véxase tamén
Outros artigos