A casa do lago (en inglés: The Lake House) é un filme estadounidense de 2006 dirixido por Alejandro Agresti. Está protagonizado por Keanu Reeves, Sandra Bullock e Christopher Plummer e o guión foi escrito por David Auburn. O filme é un remake do filme surcoreano Il Mare (2000). A historia céntrase nun arquitecto que vive en 2004 e nunha doutora que vive en 2006. Os dous coñécense mediante cartas deixadas nunha caixa de correos na casa do lago na que viviron en momentos separados no tempo; manteñen correspondencia ó longo de dous anos, quedando separados pola súa diferenza orixinal de tempo. O filme volve xuntar a Reeves e Bullock por primeira vez dende que protagonizaron Speed en 1994.
Estreouse en galego o 13 de decembro de 2014 a través da TVG.[2]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas