Adreian DeAngleo Payne, nado en Dayton, Ohio, o 19 de febreiro de 1991 e finado en Orlando (Florida) o 9 de maio de 2022, foi un xogador estadounidense de baloncesto profesional.
Traxectoria profesional
O 26 de xuño de 2014, Payne foi seleccionado na 15ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Atlanta Hawks.[1] O 25 de xullo de 2014, asinou o seu contrato de rookie cos Hawks tras acadar 12.5 puntos e 7.0 rebotes por encontro na Liga de Verán da NBA de 2014.[2]
O 10 de febreiro de 2015, Payne foi traspasado ós Minnesota Timberwolves a cambio dunha futura elección da primeira rolda do Draft.[3]
O 21 de agosto de 2017, Payne asinou cos Orlando Magic.[4] O 26 de xaneiro de 2018, foi cortado polos Magic.[5]
Na mañá do 9 de maio de 2022, recibiu un disparo e faleceu en Orlando, Florida.[6]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|