Adrián Estévez Iglesias, tamén coñecido como Estevo ou Adriansito,[1] nado en Pontevedra o 26 de outubro de 1983, é un filólogo, escritor e wikimedista galego.
Traxectoria
Cursou o bacharelato no IES Sánchez Cantón de Pontevedra. Estudou un ciclo superior de artes gráficas no IES Montecelo, a diplomatura de Maxisterio de educación primaria na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra e o grao en Lingua e literatura galegas na Universidade de Santiago de Compostela.[2] Colaborou entre 2016 e 2018 en Pontevedra Viva facendo crítica literaria semanal na sección "Lecturas desde O Alcouce".[2][3] Colaborou na revista dixital Cicloxénese expresiva. É autor de relatos, tradutor e corrector de orixinais en varias editoras. En 2022 traballaba no equipo de revisión da RAG.[4]
Tamén é cantante (co nome de Estevo) no dúo pontevedrés Columna Vegana, formado con Corbi (guitarras e sintetizadores).[5]
Xoga habitualmente ao fútbol gaélico e colabora co Liceo Mutante de Pontevedra.[2][6]
Edita habitualmente na Galipedia desde 2007.[7]
Obra
Ensaio
Tradución
Edición
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas