Aerodramus maximus é unha especie de ave da subclase das neornites, infraclase dos neognatos, orde dos apodiformes, familia dos apódidos e tribo dos colocaliinos (que reúne ás salanganas),[2] unha das vinte e seis integradas hoxe no xénero Aerodramus.
Taxonomía
Descrición
A especie foi descrita en 1878 polo reformador político, ornitólogo e botánico inglés, que traballou na India británica, Allan Octavian Hume, baixo o nome de Collocalia maxima,[3] que é o seu protónimo.[4]
Etimoloxía
Para a do xénero, ver Aerodramus.
O epíteto específico, maximus, é o nominativo singular do superlativo do adxectivo latino magnus, -a, -um, "grande", "de máximas dimensións". Literalmente: "grandísimo".
Subespecies
Segundo o Congreso Ornitolóxico Internacional (IOC), organización cuxas decisións seguen a maioría dos ornitólogos, establece na actualidade (2019) a seguinte clasificación da especie, coas tres subespecies que se indican:[5][6]
- Aerodramus maximus (Hume, 1878)
- Aerodramus maximus maximus (Hume, 1878) - Sur de Myanmar, Malaisia, e sueste de Vietnam
- Aerodramus maximus lowi (Sharpe, 1879) - Sumatra, norte e oeste Borneo, e Xava
- Aerodramus maximus tichelmani (Stresemann, 1926) - Sueste de Borneo
Características
Cunha lonxitude corporal de 14 cm, é a máis grande das salanganas.[8] A súa plumaxe é predominantemente de cor parda agrisada; a cola está levemente fendida o centro.
A especie ten a capacidade de ecolocalización, o que lle permite visitar as colonias de cría situadas en covas, que tamén lle serven de refuxio para descansar e durmir.
Distribución e hábitat
A súa área de distribución está situada no sueste asiático, principalmente na península Malaia e nas illas da Sonda, pero tamén se atopa en Myanmar, Tailandia, Filipinas e Vietnam.
Os seus hábitats naturais son os bosques tropicais e subtropicais húmidos e os bosques de montañas húmidos.[1]
Usos
Aerodramus maximus é unha das principais fontes de niños comestíbeis para a elaboración da famosa delicatessen chinesa: a sopa de niño de anduriña,[9] que se consumiu tradicionalmente na China durante os últimos 400 anos.[10]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Phil Chantler (1995): Swifts: A Guide to the Swifts and Tree Swifts of the World. Mountfield, East Sussex, UK: Pica Press. ISBN 978-0-3000-7936-4.
- Joseph del Hoyo, Andrew Elliot e Jordi Sargatal, eds. (1999): Handbook of the Birds of the World. Volume 5: Barn-owls to Hummingbirds. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-425-2.
- Josep Del Hoyo, Nigel J. Collar, David A. Christie, Andrew Elliott e Lincoln D. C. Fishpool (2014): HBW and Birdlife International Illustrated Checklist of the Birds of the World, Volume 1 Non-Passerines. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-410-8.
Outros artigos
Ligazóns externas