Un aeroxerador,[1][2]muíño eólico ou muíño de vento é un dispositivo cun xerador destinado a converter enerxía eólica en enerxía eléctrica. Este tipo de xerador tense popularizado rapidamente debido ao feito de que ao ser a enerxía eólica un tipo de enerxía renovábel, apenas produce custos de produción como tampouco non produce contaminación nin contribúe ao efecto invernadoiro. No entanto, a cantidade de enerxía producida por este medio é aínda unha mínima parte (arredor do 1% do consumo mundial) da que se consome nos países desenvolvidos. Galiza é unha das zonas máis avanzadas en produción de enerxía eólica, cun 12%, lonxe do 18% de Dinamarca, aínda que proporcionalmente máis[3], ben por riba da media da UE.
Os aeroxeradores tamén se coñecen popularmente co nome de virandelos[4].
Funcionamento
Un aeroxerador dividese en tres partes:
Torre: canto máis alta, mellor.
Aspas: canto máis grandes, máis potencia.
Nacele: Contén a caixa de engrenaxes e o xerador.
A caixa de engrenaxes é necesaria porque as aspas xiran a unha velocidade moi baixa e é necesario axustala ao réxime do xerador, tradicionalmente unha máquina asíncrona.
Segundo a súa tipoloxía existen tres tipos de sistemas.
Os xeradores teñen aumentado moito o seu tamaño, pois a superficie varrida polas aspas é proporcional á potencia subministrada, que tamén aumenta coa velocidades das mesmas, facendo que en total a potencia aumente co cubo do radio das aspas. No 2019 existen xeradores de máis de 120 m de diámetro da superficie varrida polas aspas.[5]