Santo Agostiño de Canterbury, coñecido como o apóstolo de Inglaterra, con data e lugar de nacemento descoñecidos e finado en Canterbury no ano 605, foi o primeiro arcebispo de Canterbury.
Traxectoria
Enviado xunto a Lourenzo de Canterbury polo papa Gregorio Magno no ano 597 dende o mosteiro de Santo André en Roma. Contou co apoio do rei de Kent, Aethelberht, grazas á súa muller, de orixe merovinxia.
A celebración da súa festa é o 28 de maio.
Véxase tamén