A cidade foi unha vila termal fundada polos romanos no ano 23 a.C., despois do ano 383 recibiu o nome de Aquae Gratianae para lembrar ao emperadorGraciano, asasinado preto da vila. Aínda sobreviven numerosas edificacións da época romana, como as termas antigas e o arco romano de Campanus.
En 1816 estivo na vila (que por entón recibía o nome de Aix-en-Savoie) o escritor Alphonse de Lamartine, que escribiu aquí o seu célebre poema Le lac.
A economía da cidade depende case enteiramente do turismo.