Ajiaco é o nome dado a unhas sopas típicas da Hispanoamérica intertropical. Consiste usualmente nunha sopa ou guiso a base de diversos ingredientes sólidos como legumes ou tubérculos picados en anacos, e anacos pequenos de diversas carnes.
Dependendo da zona ou o país podería incluír ají ou aguacate.[1]
Etimoloxía
O Dicionario indio do granTolima rexistra a acepción: Ajiaco, especie de sancocho con condimento de ají. Sostén que a súa etimoloxía está baseada na palabra do taíno "axí".