Aladdin é un filme estadounidense de Walt Disney Pictures dirixido por Ron Clements e John Musker que se estreou en 1992. Baséase no conto "Aladino e a lámpada marabillosa" da compilación As mil e unha noites.
Sinopse
Aladdin é un enxeñoso rapaz que, malia vivir nun estado de extrema pobreza, soña con casar coa fermosa filla do sultán, a princesa Jasmine. O destino intervén cando o astuto visir do Sultán, Yafar, recruta a Aladdin para que lle axude a recuperar unha lámpada máxica das profundidades da Cova das Marabillas. O mozo atopa a lámpada, na que vive un xenio que concede tres desexos a quen o libere.
Personaxes
Galardóns e nomeamentos
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas