Alan Walker, nado en Leicester en 1938, é un antropólogo británico especializado en paleoantropoloxía. Reside nos Estados Unidos dende 1973.
Traxectoria
Profesor de antropoloxía na Pennsylvania State University, estudou os lémures de Madagascar e dos primates de África Oriental, colaborou con Richard Leakey na busca de fósiles no lago Turkana e descubriu o cranio negro (KNM-WT 17000), un dos poucos fósiles coñecidos do Paranthropus aethiopicus e estudou o fósil coñecido como neno de Turkana (KNM-WT 15000). Tamén realizou investigacións, coa súa muller, sobre o Procónsul, primate do Mioceno inferior.
Véxase tamén
Ligazóns externas