Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Alberte Pagán

Modelo:BiografíaAlberte Pagán

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1965 Editar o valor en Wikidata (58/59 anos)
O Carballiño, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutor, escritor, cineasta Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm2523769 BNE: XX1363609 BUSC: pagan-alberte Editar o valor en Wikidata

Alberte Pagán Vázquez, nado no Carballiño en 1965,[1] é un cineasta e escritor galego. É profesor de lingua inglesa no IES Espiñeira de Boiro.

Traxectoria

É licenciado en Filoloxía Xermánica e en Hispánicas pola Universidade de Santiago de Compostela. É especialista en cinema experimental, do que é teórico e investigador. En Londres frecuentou a London Filmmakers’ Cooperative. En 1999 publicou da man do Centro Galego de Arte Contemporánea Introdución aos clásicos do cinema experimental, a raíz dun ciclo do que foi comisario. Fixo a tradución ao galego dos dous primeiros capítulos de Finnegans Wake de James Joyce,[2] novela sobre a que publicou o ensaio A voz do trevón.[3]

A súa filmografía, de forte compoñente política, recolle o seu interese por comunidades humanas non occidentais, de lugares como Nicaragua (Os Waslala, 2005), Zimbabwe (Tanyaradzwa, 2009) ou o Sáhara (Asahra Hurratun!, 2009). Pero o seu cinema tamén se preocupa das "exploracións significante-significado" e a "serialidade, metanarración, hibridación de materiais e subversión de códigos",[4] como en Pó de estrelas (2007) ou nos filmes que integran as súas series "Superfícies" e "Estudos cinematográficos", ambas iniciadas a partir de 2014.

Actividade política

Foi activista dos COSAL-Galiza (Comités de Solidariedade) e cofundador da súa revista Outrasvozes.[5] Militou na LCR (Liga Comunista Revolucionaria) e posteriormente en Inzar. Formou parte do consello editorial da revista Viento Sur entre febreiro de 1996 e decembro de 2002.[6][7] É membro do consello de redacción do Espaço Clara Corbelhe desde a súa constitución en 2021.[8]

Ten publicado artigos en Outrasvozes,[9] Novas da Galiza,[10] A Nosa Terra[11] e en Viento Sur.[12]

Obra

Filmografía

  • Conversas em Zapatera (2002)
  • Como foi o conto (2004)
  • Os Waslala (2005)
  • Bs. As. (2006)
  • Pó de estrelas (2007)
  • A soluçom é o socialismo (2008)
  • Tanyaradzwa (2009)
  • Asahra hurratun! (2009)
  • Eclipse metanoico (2009)
  • Puílha 17 janeiro 2010 15:33h (2010)
  • Eclipse (2010)
  • A Pedra do Lobo (2010)
  • Faustino 1936 (2010)
  • Outrasvozes (2011)
  • A quem se lhe conte... (2011)
  • Película urgente por Palestina (2012)
  • A realidade (2012)
  • Walsed (2014)
  • Superfícies – Long Face (carvom) (2014)
  • Superfícies – Sonho bolivariano (balor) (2014)
  • Superfícies – Forgoselo (granito) (2014)
  • Quim.com (2014)
  • Frank (2015)
  • Superfícies – Peter (tubo) (2015)
  • Konfrontationen 2014 (2015)
  • A Fundamental Error (2016)
  • τεμενος³ (2017)
  • Flora e fauna (shot on sight) (2017)
  • A mosca (2017)
  • Uluru (2018)
  • O caruncho (2018)
  • τέχνη (2019)
  • 6x9 (2019)
  • Oplezir (2020)
  • Dolores (2021)
  • Elefante (2022)
  • Bronwyn (2023)
  • Tristes tropiques (2023)

Literatura

Ensaio

  • Introdución aos clásicos do cinema experimental (Centro Galego de Arte Contemporánea, 1999)
  • A voz do trevón. Unha aproximación a Finnegans Wake (Laiovento, 2000)
  • Imaxes do soño en liberdade: o cinema de Eugenio Granell (2003),
  • “Cinema Underground estadounidense”, en Dentro y fuera de Hollywood (Festival de Cine de Xixón, 2004)
  • “Residuos experimentales en Arrebato”, en Arrebato... 25 años (Filmoteca de Valencia, 2006)
  • A mirada impasíbel (Edicións Positivas, 2007)
  • A mirada inqueda (Edicións Positivas, 2013)
  • Andy Warhol (Cátedra, 2014; en castelán)
  • Emotional Materials / Personal Processes. Six Interviews with Experimental Filmmakers (StereoEditions, 2022).

Arte sonora

  • A música da morte (esculturas sonoras, 1996-2010)
  • A Pedra do Lobo [banda sonora da película] (Urro/Amaro Ferreiroa, 2013)
  • Frank (2016)

Premios

Notas

  1. Sande, José Manuel. "Sinais: Alberte Pagán". (S8) Mostra de Cinema Periférico, 30-05-2012. 
  2. "Contos contados de Finnegan e HCE" (PDF). 
  3. "A voz do Trevón. Unha aproximación a Finnegans Wake". 
  4. Sande, José Manuel. "Otros estrenos: A realidade (Alberte Pagán, COSAL-Galiza)." (PDF). Caimán Cuadernos de Cine, Diciembre 2013, p. 48. 
  5. "Conselho de redação". Espaço Clara Corbelhe. 
  6. "Consejo editorial" (PDF). Viento Sur. 
  7. "Consejo editorial" (PDF). Viento Sur. 
  8. "Conselho de redação". Espaço Clara Corbelhe. 
  9. "México 1994: Do alzamento (zapatista) á caída (do peso)" (PDF). Outrasvozes, inverno 1995. Consultado o 15-04-2024. 
  10. Pagán, Alberte. "Os corpos e a terra". Novas da Galiza, Outubro 2023. 
  11. Pagán, Alberte. "Entrevista a Raúl Reyes: "O Plano Colombia quere acabar coa guerrilla, non co narcotráfico"" (PDF). A Nosa Terra, 13 a 19 Decembro 2001, p. 20. 
  12. Pagán, Alberte. "Pinochet, Pinochile". Viento Sur Nº 41. 
  13. "Premio da Crítica Galega" (PDF). 
  14. "Mención Honorífica: Alberte Pagán". 
  15. "Premio Cineuropa 2021" (PDF). 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya