Alberto Kenya Fujimori Fujimori, nado o 28 de xullo de 1938 en Lima e finado o 11 de setembro de 2024 na mesma cidade, foi un enxeñeiro agrícola que foi presidente do Perú entre 1990 e 2000, elixido inicialmente de forma democrática e logo virado en gobernante autoritario.
Traxectoria
A Fujimori acredítaselle lograr restaurar a estabilidade macroeconómica do Perú e restaurar a paz e seguridade interna[Cómpre referencia] logo da presidencia de Alan García a finais da década de 1980. Non obstante, foi moi criticado polo seu particular estilo de goberno, sendo cualificado como autoritario en especial despois do chamado "autogolpe de 1992". Tamén foi obxecto de acusacións por actos de corrupción e violacións de dereitos humanos, entre outros[Cómpre referencia].
Durante os últimos meses do ano 2000, Fujimori foi acurralado por unha serie de escándalos no seu goberno. Durante esas datas, saíu do Perú en calidade de presidente para asistir ao encontro internacional da APEC, levada a cabo nese entón, en Brunei desde onde despois tomou un voo ao Xapón, de onde presentou a súa renuncia, vía fax, poucos días despois, e para onde se asilou para escapar de todas as acusacións xudiciais que pesaban contra el.