Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Alberto Gracia

Modelo:BiografíaAlberto Gracia

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1978 Editar o valor en Wikidata (45/46 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónFacultade de Belas Artes de Pontevedra
campus de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

IMDB: nm2004601 Facebook: gaspar.hauser.9 BNE: XX4670829 Editar o valor en Wikidata

Alberto García Hermida,[1] nado en Ferrol en 1978 e coñecido cinematograficamente como Alberto Gracia, é un director galego de cinema.

Traxectoria

Estudou na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, onde se especializou na materia de escultura.

A súa obra (composta por pinturas, debuxos, performances, vídeos ou instalacións) estivo exposta en distintos países do mundo.[Cómpre referencia] No seu primeiro libro ensaístico Microfugas, teoría y juego de la profanación (Editorial Aristas Martínez, 2010), materializa o seu interese pola estética, tema sobre o cal realizou conferencias e mesas redondas, e participou en proxectos de investigación como Grid Spinoza (2011).[2]

En 2007 rodou en 16mm a súa primeira curta, Microfugas#1 (2008). En 2008 recibiu unha bolsa bianual de hangar.org como artista residente. En 2011 concedéuselle a bolsa de talento da AGADIC e rodou O quinto evanxeo de Gaspar Hauser, con produción de Zeitun Films e baseada na figura de Kaspar Hauser. A película gañou o premio FIPRESCI da crítica internacional no Festival de Rotterdam,[3] e posteriormente foi seleccionada en festivais como a Viennale, Lima, Cinemateca Uruguaya, Valdivia ou Sevilla. En 2015 mudouse a Madrid, onde reside na actualidade.[4]

Filmografía

Publicacións

  • Microfugas, teoría y juego de la profanación (2010). Aristas Martínez Ediciones, 248 páxinas, ISBN 978-84-938210-6-7

Notas

  1. Martínez (2015), p. 171.
  2. "O quinto evanxeo de Gaspar Hauser". Zeitun Films. Consultado o 24 de setembro de 2016. 
  3. "Alberto Gracia. Ficha en IFFR". International Film Festival Rotterdam. Consultado o 24 de setembro de 2016. 
  4. "Xurados". Curtocircuíto. 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya