Alexandra Kollontai |
Nome orixinal | (ru) Александра Михайловна Коллонтай |
---|
|
Nacemento | Alexandra Mihailovna Kollontai 19 de marzo de 1872 (Xuliano) San Petersburgo, Rusia |
---|
Morte | 9 de marzo de 1952 (79 anos) Moscova, Rusia |
---|
Causa da morte | doenza |
---|
Lugar de sepultura | cemiterio Novodevichii |
---|
|
Embaixador |
---|
1943 – 1945 |
Ministro plenipotenciário (pt) |
---|
1924 – 1943 |
Encarregado de negócios (pt) |
---|
1924 – 1924 |
Membro da Asemblea Constituínte Rusa |
---|
1918 – 1918 |
Ministro |
---|
1917 – 1918 |
|
|
Educación | Universidade de Zürich |
---|
|
Lugar de traballo | Oslo Estocolmo |
---|
Ocupación | People's Commissar (en) (1917–1918), teórica política, revolucionario, escritora, diplomática, activista polos dereitos das mulleres, socióloga |
---|
Partido político | Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso Partido Comunista da Unión Soviética |
---|
Membro de | |
---|
|
|
27 de marzo de 1922 | XI Congreso do Partido Comunista de Rusia |
8 de marzo de 1921 | X Congreso do Partido Comunista Ruso |
18 de marzo de 1919 | 8th Congress of the Russian Communist Party (en) |
6 de marzo de 1918 | VII Congreso do Partido Comunista de Rusia |
26 de xullo de 1917 (Xuliano) | VI Congreso do Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia |
|
|
Familia | House of Domontovitch (en) |
---|
Cónxuxe | Vladimir Ludvigovich Kollontai Pavel Dybenko |
---|
Fillos | Mikhail Alekseevich Domontovich |
---|
Pai | Mikhail Domontovich |
---|
Parentes | Yevgeniya Mravina, irmã uterina Evgeny Mravinsky, sobriño |
---|
|
|
Sinatura |
|
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Коллонтай Александра Михайловна) Bio-bibliographic Dictionary of 20th-Century Russian Writers (en) Svenskt kvinnobiografiskt lexikon (en) |
---|
|
Alexandra Mihailovna Kollontai (en ruso Александра Михайловна Коллонтай), nada en San Petersburgo o 31 de marzo de 1872 e finada en Moscova o 9 de marzo de 1952, foi unha socialista e revolucionaria rusa.
Traxectoria
Naceu nunha familia de boa posición social e foi educada por un instrutor particular. Interesada desde moi nova polo marxismo, estudou Historia do traballo en Zürich, Suíza. Afiliouse ó Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso en 1899.
Participou nos acontecementos revolucionarios de 1905, tras presenciar a matanza de obreiros fronte ó Palacio de Inverno, escribiu artigos e organizou as traballadoras rusas. Tivo que exiliarse a raíz da publicación dun artigo titulado Finlandia e o socialismo, en que animaba o pobo finlandés a sublevarse contra a ocupación rusa. Isto deulle a oportunidade de viaxar por toda Europa. Así, entrou en contacto con diversos partidos socialistas en Alemaña, Gran Bretaña ou Francia.
Opúxose activamente á primeira guerra mundial, polas súas motivacións imperialistas ó servizo da clase dominante. Neste sentido, participou na Conferencia de Zimmerwald en 1915. Nesta época tamén se uniu ós bolxeviques e viaxou por diversos países facendo campaña contra a guerra.
Poucos meses antes de outubro de 1917 foi elixida membro do Comité Central do Partido. Votou a favor da insurrección e da toma do Pazo de Inverno para construír así un Estado obreiro. Ó desatárense os sucesos que desembocaron na Revolución de Outubro, Alexandra Kollontai regresou a Rusia, onde foi elixida membro do Comité Executivo do Soviet de Petrogrado. Apoiou a Lenin na súa visión dos soviets como organismos para o exercicio do poder e a necesidade de superar a revolución burguesa coa revolución proletaria.
Trala toma do poder, Alexandra Kollontai foi elixida Comisaria do Pobo para a Asistencia Pública. Foi unha das que máis traballou a prol dos dereitos e liberdades das mulleres, e modificou aspectos das leis que subordinaban a muller ó home. Á muller rusa negábaselle o dereito ó voto e gañaba salarios menores traballando en peores condicións que os homes. A Revolución conseguiu asentar as bases para a igualdade real entre homes e mulleres coa liberalización das relacións familiares e sexuais. Aprobouse o divorcio e o dereito ó aborto, e outorgáronselles ás mulleres beneficios sociais en forma de salarios de maternidade, garderías e fogares para os nenos. Así mesmo, desenvolvéronse campañas de información para darlles a coñecer ás mulleres os seus novos dereitos.
En 1918 Kollontai foi unha das organizadoras do Primeiro Congreso de Mulleres Traballadoras de toda Rusia. Deste congreso naceu o Zhenotdel, un organismo dedicado a promover a participación feminina na vida pública e en proxectos sociais, e de xeito moi especial, a loita contra o analfabetismo. O Zhenotdel tiña a súa propia revista, Kommunistka (Muller Comunista) e Kollontai era parte do seu Consello editorial.
En 1921 Kollontai foi cofundadora da Oposición Obreira, que encabezou co dirixente dos traballadores metalúrxicos Alexander Shliápnikov. Formularon as consignas de entregar a dirección da economía a un Congreso de produtores, establecer a dirección das empresas e fábricas polos sindicatos e elixir os principais administradores polos traballadores. O Congreso do partido ordenou disolver este grupo, decisión que foi apelada sen éxito ante a Internacional Comunista.
Alexandra Kollontai quedou marxinada e perdeu a influencia política. En 1923 pasou ó servizo diplomático. Foi nomeada embaixadora da Unión Soviética en Noruega, co que se converteu na primeira muller da historia en ostentar este título. Posteriormente tamén o exerceu en Suecia e México. Tamén formou parte da delegación soviética na Liga das Nacións. Este exilio dourado salvouna primeiro das deportacións acontecidas a partir de 1927, que afectaron, entre outros, ós seus compañeiros da Oposición Obreira e á Oposición de Esquerda. Na década seguinte puido salvarse da execución, a diferenza dos antigos dirixentes bolxeviques.
Entre tanto, Stalin, aínda que apreciaba o papel das mulleres, revogou parte das medidas que lles garantían a plena igualdade e a súa emancipación completa. Foron penalizados novamente a homosexualidade (1934) e o aborto (1936), reactivouse a propaganda a favor da familia e reintroduciuse a educación segregada por sexos. Por outro lado, o divorcio non se prohibiu, mais si se complicou a súa execución, ó cobrarse polos trámites. Ademais, a moral tradicional volveuse impor nas relacións familiares e persoais. Foi só a masiva participación das mulleres soviéticas na guerra contra o nazismo o que lles devolveu os dereitos conculcados.
Obra traducida ao galego
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas