Alfonso Fernando Gallego Vila, nado en Curtis o 15 de novembro de 1928 e finado na Coruña o 17 de xaneiro de 2005,[1] foi un pintor, debuxante e poeta galego.
Traxectoria
Foi un dos fundadores do grupo poético "Amanecer" en 1950. Nos Xogos florais de Galicia de 1960 obtivo unha mención honorífica polo poema "Carta desde la ciudad a un campesino". Foi finalista no Premio de poesía Ágora co libro La última palabra. O seu poemario A cidade é gaivota gañou o certame de poesía galega organizado polo grupo Brais Pinto, pero non foi publicado polos problemas económicos que afrontaba o grupo. En 1961 publicou o seu primeiro libro La señal del viento. Publicou poemas en galego na revista Signo (1966). Fixo a súa primeira exposición de pintura no centro lucense de Buenos Aires, presentado por Luís Seoane.[2] Expuxo en diversas cidades españolas e participou en máis decincuenta exposicións colectivas. Foi un dos fundadores do grupo informalista de pintores "A Gadaña". A derradeira mostra dos seus cadros foi en 1996, na Galería de Arte Atlántica.
Obras
- La señal del viento, 1961.
- Boca abajo, 1965.
- Ayer está a volver, 1973.
Notas
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 19-1-2005, p. 59.
- ↑ "Alfonso Gallego Vila, ante su exposición pictórica", entrevista en La Voz de Galicia, 11-6-1975, p. 27.
Véxase tamén
Ligazóns externas