- Este artigo é sobre o filme do ano 1984. Para a versión de 2012 véxase Red Dawn (filme de 2012).
Amencer vermello (en inglés: Red Dawn) é un filme estadounidense de 1984 dirixido por John Milius, cun guión de Kevin Reynolds e Milius. Está protagonizado por Patrick Swayze, Charlie Sheen, C. Thomas Howell, Lea Thompson, Jennifer Grey, Ben Johnson, Harry Dean Stanton, Ron O'Neal, William Smith e Powers Boothe.
O filme conta como os Estados Unidos son invadidos pola Unión Soviética e os seus aliados en Cuba e Nicaragua.[3] Porén, existe un contexto baseado na terceira guerra mundial que non está completamente elaborado. O argumento céntrase nun grupo de estudantes de secundaria que resisten a ocupación con loita de guerrillas, chamándose a si mesmos "Wolverines", como a mascota do seu instituto.
Estreouse en galego o 13 de xaneiro de 1993 a través da TVG.[4]
Personaxes
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Box Office Mojo (ed.). "Red Dawn (1984)". Consultado o 5 de decembro de 2012.
- ↑ Goldstein, Patrick (16 de agosto de 1984). "'RED DAWN' IS MILIUS' KIND OF MOVIE: JOHN MILIUS". Los Angeles Times. p. i1.
- ↑ Richard E. Sincere, Jr. (outubro de 1984). "Schoolkids Battle Red Army in Red Dawn". Journal of Civil Defense (The American Civil Defense Association): 17.
- ↑ La Voz de Galicia, 13 de xaneiro de 1993. Páx. 63
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
|
---|
Guionista e director | |
---|
Só guionista | |
---|