Andreu Guiu Vilanova, nado en Tarragona o 3 de decembro de 1994, é un futbolista español que xoga de dianteiro no Tarazona, da Primeira División RFEF.
Traxectoria
Comezou a súa carreira en varios clubs cataláns como o Reus Reddis, o Rapitenca ou o Ascó. En 2018 fichou polo Prat, co que logrou o ascenso á Segunda División B. Tras unha campaña na categoría de bronce co equipo de El Prat de Llobregat, pasou en 2020, á UE Llagostera, club que un ano despois cambiou a súa denominación por UE Costa Brava e máis tarde por Badalona Futur, tras fusionarse co CF Badalona. En 2023 asinou co Tarazona, da Primeira División RFEF.[1]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas