Ang Lee (2009) |
Nome orixinal | (en) Ang Lee (zh) 李安 |
---|
|
Nacemento | 23 de outubro de 1954 (70 anos) 潮州鎮, Taiwán (mul) |
---|
Residencia | White Plains (pt) Nova York |
---|
Relixión | Budismo |
---|
Educación | Escola de Artes Tisch da Universidade de Nova Iorque (pt) National Taiwan University of Arts (en) Universidade de Illinois en Urbana-Champaign University of Illinois College of Fine and Applied Arts (en) |
---|
|
Ocupación | director de cinema, produtor de cinema, escritor, guionista, realizador |
---|
Período de actividade | 1992 - |
---|
Membro de | |
---|
|
Obras destacables |
|
Cónxuxe | Jane Lin |
---|
Fillos | Haan Lee, Mason Lee |
---|
Pai | Lee Sheng |
---|
Irmáns | Gang Lee |
---|
|
- (3 de febreiro de 2021) Cabaleiro da Lexión de Honra
- (2021) Asia's Most Influential Taiwan (en)
- (2012) Óscar ó mellor director, premiado polo traballo Life of Pi
- (2012) cabaleiro da orde das Artes e as Letras
- (2007) Golden Horse Award for Best Director (en) , premiado polo traballo Sè, Jiè
- (2007) León de Ouro, premiado polo traballo Sè, Jiè
- (2005) Globo de Ouro ó mellor director, premiado polo traballo Brokeback Mountain
- (2005) Óscar ó mellor director, premiado polo traballo Brokeback Mountain
- (2005) Dallas-Fort Worth Film Critics Association Award for Best Director (en) , premiado polo traballo Brokeback Mountain
- (2001) Premio Hugo á mellor presentación dramática, premiado polo traballo Wò hǔ cáng lóng
- (2001) BAFTA á mellor dirección, premiado polo traballo Wò hǔ cáng lóng
- (2001) BAFTA de melhor filme em língua não inglesa (pt) , premiado polo traballo Wò hǔ cáng lóng
- (1996) Oso de Ouro, premiado polo traballo Sense and Sensibility
- (1993) Golden Horse Award for Best Director (en) , premiado polo traballo O Banquete de Casamento (pt)
- (1993) Oso de Ouro, premiado polo traballo O Banquete de Casamento (pt)
- premios do Sindicato de Directores
- National Board of Review Award ao mellor filme
- Orde da Estrela Brillante
- Membro da Academia Estadounidense das Artes e as Ciencias
- Prêmio Cinematográfico de Hong Kong para Melhor Diretor (pt)
|
|
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
---|
|
Ang Lee (en chinés: 李安; en Pinyin: Lǐ Ān), nado en Chaochou (Pingtung) o 23 de outubro de 1954 é un director de cine taiwanés.
A maior parte dos seus filmes analizan as interaccións entre a modernidade e as tradicións. Polos seus traballos foi premiado, entre outros, con dous Oscar á mellor dirección por Brokeback Mountain e Life of Pi, o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa por Wò hǔ cáng lóng, con dous Osos de Ouro por Xǐyàn e Sense and Sensibility e con dous Leóns de Ouro ao Mellor Filme por Brokeback Mountain e Sè, Jiè.
Traxectoria
Despois de diplomarse en 1975 na National Taiwan College of Arts, Lee decide marchar aos Estados Unidos en 1978. Consegue diplomarse en teatro na Universidade de Illinois e inscríbese na de Nova York, onde estuda produción cinematográfica. En 1983 casa con Jane Lin coa que tivo dous fillos. Aínda seguen casados.
O primeiro filme de éxito foi Tuī shǒu (Pushing Hands), que narra as vivencias dun ex-mestre de Tai chi que vai vivir a Nova York coa familia do fillo. O filme gaña o Oso de Ouro no Festival de Berlín en 1992. No seguinte ano volverá triunfar no mesmo festival coa obra Xǐyàn (The Wedding Banquet). Estas dúas obras, xunto coa seguinte Yǐn Shí Nán Nǚ (Eat Drink Man Woman), que obtén un nomeamento aos Oscar, constitúen unha triloxía denominada "Father knows best".
En 1995 dirixe a adaptación cinematográfica de Sense and Sensibility, do libro de Jane Austen. O filme consegue sete nomeamentos aos Oscar, un Globo de Ouro como Mellor Filme e, novamente, o Oso de Ouro en Berlín.
O seguinte traballo é a dramática The Ice Storm, sobre a insatisfacción de dúas familias americanas no momento do escándalo do Watergate, ao que segue Cabalga co demo, dedicado ás vivencias durante a guerra de secesión americana.
En 2000 dirixe Wò hǔ cáng lóng, un wuxia, isto é un filme de artes marciais, visionario, ambientado na China do século XIX. O filme acada un éxito notable de público e crítica, e convértese no filme de lingua non inglesa con maiores ingresos da historia do cinema. Gran parte deste éxito é debido ás coreografías acrobáticas do mestre Yuen Wo Ping (tamén autor do combate de Matrix). O filme gaña o Oscar e o Golden Globe como Mellor Filme en lingua non inglesa.
A súa seguinte produción é Hulk, que non consegue o éxito esperado.
En 2005 torna o éxito coa obra Brokeback Mountain, unha longametraxe romántica dedicada ao amor homosexual de dous cowboys. O filme vence o León de Ouro ao Mellor Filme no Festival de Cine de Venecia e moitos outros premios, como tres Oscar e catro Globos de Ouro en 2006.
En 2007 volve gañar o León de Ouro polo Mellor Filme con Sè, Jiè (Lust, Caution).
Filmes
Director
Guionista
Actor
Editor
Produtor
Premios
- Mellor Director, National Board of Review of Motion Pictures por Sense and Sensibility (1995)
- Mellor Director, New York Film Critics Circle Awards por Sense and Sensibility (1995)
- Mellor Director, Independent Spirit Awards por Wò hǔ cáng lóng (2001)
- Mellor Director/Filme, Globos de Ouro por Wò hǔ cáng lóng (2001)
- O Premio David Lean por Mellor Dirección dos BAFTA por Wò hǔ cáng lóng (2001)
- Mellor Director, Boston Society of Film Critics por Brokeback Mountain (2005)
- Mellor Director, Broadcast Film Critics Association por Brokeback Mountain (2005)
- Mellor Director, Dallas-Fort Worth Film Critics Association por Brokeback Mountain (2005)
- Mellor Director, Independent Spirit Awards por Brokeback Mountain (2005)
- Mellor Director, Los Angeles Film Critics Association por Brokeback Mountain (2005)
- Mellor Director, New York Film Critics Circle Awards por Brokeback Mountain (2005)
- Mellor Director, San Francisco Film Critics Circle Awards por Brokeback Mountain (2005)
- Mellor Director, Vancouver Film Critics Circle por Brokeback Mountain (2005)
- Mellor Director (Filme), Globo de Ouro por Brokeback Mountain (2005)
- O Premio David Lean por Mellor Dirección dos BAFTA por Brokeback Mountain (2005)
- Oscar ó mellor director por Brokeback Mountain (2005)
- Oscar ó mellor director por Life of Pi (2012)
|
---|
1947–1955 (Honorífico) | |
---|
1956–1975 | |
---|
1976–2000 | |
---|
2001–presente | |
---|