Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Anna Gas

Modelo:BiografíaAnna Gas
Biografía
Nacemento18 de outubro de 1996 Editar o valor en Wikidata (28 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoetisa, escritora de contos Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor en Wikidata
Premios

Twitter: Anna_JKR Editar o valor en Wikidata

Anna Gas i Serra, nada en Barcelona o 18 de outubro de 1996, é unha escritora en lingua catalá.[1]

En agosto de 2021, Nós Diario publicou o relato curto Xerminar (Un verán en Galeusca: proxecto impulsado entre VilaWeb, Berria, Nós Diario e Belfastmedia).[2]

Traxectoria

Anna Gas comezou a escribir historias nos seus últimos anos de adolescencia, cos que recibiu, entre 2013 e 2015, algúns premios literarios locais por obras inéditas, ata que en 2017 foi galardoada co 18º Premio Joan Duch de poesía para novos escritores, co que publicou o primeiro volume de poemas, Crossa d'aigua (Editorial Fonoll). Foi incluída en varias antoloxías e os seus poemas foron traducidos ao español, italiano, inglés e galego.

Compaxinou os seus estudos con diversos traballos: bibliotecaria, arquiveira ou repartidora de comida na casa. Licenciada en Estudos Literarios pola Universidade de Barcelona e licenciada en Psicoloxía.[3]

En 2019 publicou Llengua de Anthrax, no que a poesía de Gas "está construída sobre o paradoxo que se basea na resignificación da mirada e na disolución do corpo perforado e sen órganos, como xa anunciaron Deleuze e Guattari: a linguaxe como unha centralidade reflexiva e metalingüística, e a outra como ameaza e condición de posibilidade".[4] Por este poemario foi galardoada co Premio de Poesía Cavall Verd en 2020.[5]

En 2020 gañou o premio Mercè Rodoreda de relatos e narracións curtas coa colección El pèndol[6], a persoa máis nova que o gañou.[7]

Obra

Premios

  • 2014 - Premio xuvenil La Llopa dels Jocs Florals de Calella polo poema Abans de perir.
  • 2017 - Premio Joan Duch de poesia para escritores novos.
  • 2020 - Premio Premi Josep Maria Llompart de poesía Cavall Verd por Llengua d'àntrax.
  • 2020 - Premio Mercè Rodoreda de contos e narracións por El pèndol.

Notas

  1. "Anna Gas". poeteca.cat (en catalán). Consultado o 2021-08-20. 
  2. "Nós Diario". hemeroteca.nosdiario.gal. Consultado o 2021-08-20. 
  3. "Edicions del Buc" (en catalán). Consultado o 2021-08-20. 
  4. Guasch, Pol. «La llengua emmetzinada». Núvol, 27-03-2020. [Consulta: 2 abril 2020].
  5. "Anna Gas i Margarida Castells, guardonades amb els XXXVII Premis Cavall Verd". dBalears (en catalán). 2020-03-27. Consultado o 2021-08-20. 
  6. "Víctor Garcia Tur guanya el Sant Jordi, Miquel Desclot el Carles Riba i Anna Gas el Mercè Rodoreda". VilaWeb (en catalán). Consultado o 2021-08-20. 
  7. "Anna Gas: "La literatura permet defensar una manera de veure el món"". Núvol (en catalán). Consultado o 2021-08-20. 
  8. "Lingua de ántrax". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-25. 
Kembali kehalaman sebelumnya