Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Anna Hazare

Modelo:BiografíaAnna Hazare

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xaneiro de 1937
Bhingar, Maharashtra
ResidenciaRalegan Siddhi (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeIndia
RelixiónHinduísmo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsociólogo, ecoloxista, Activista polos dereitos humanos, revolucionario Editar o valor en Wikidata
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webannahazare.org Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm11520708 Editar o valor en Wikidata

Kisan Baburao Hazare, máis coñecido como Anna Hazare, nado en Bhingar, Maharashtra, o 15 de xuño de 1937, é un activista social da India, líder do movemento anticorrupción no país en 2011, usando métodos non-violentos, como Mahatma Gandhi.[1][2]

Traxectoria

Hazare tamén contribuíu para o desenvolvemento e estruturación de Ralegan Siddhi, unha vila no taluka de Partner, en Ahmednagar, Maharashtra. Foi premiado co Padma Bhushan en 1992 polos seus esforzos en estabelecer esta aldea como un modelo para as outras.

Anna Hazare iniciou unha folga de fame indefinida o 5 de abril de 2011 para exercer presión sobre o goberno indio para promulgar unha lei anticorrupción. O xexún encheu de protestas todo o país en apoio a Hazare, e terminou o 9 de abril de 2011, un día despois do goberno aceptar as esixencias de Hazare. O goberno emitiu unha notificación sobre a formación dunha comisión mixta, composta de representantes do goberno e da sociedade civil, para elaborar a lexislación.[3][4]

Anna Hazare foi clasificado como a persoa máis influente en Mumbai por un xornal nacional.[5] Hazare foi criticado polos seus puntos de vista autoritarios na xustiza, incluíndo a morte como punición para funcionarios públicos corruptos e polo seu suposto apoio forzado á vasectomía como método de planeamento familiar.[6][7].

Notas

  1. Kohari, Alizeh (16 de agosto de 2011). "Hunger strikes: What can they achieve?". BBC News. 
  2. Yardley, Jim (18 de agosto). "Unlikely Echo of Gandhi Inspires Indians to Act". The New York Times. Consultado o 31 de xaneiro de 2013. 
  3. "India activist Anna Hazare ends hunger strike". BBC News. 9 de abril de 2011. Consultado o 31 de xaneiro de 2013. 
  4. "Govt issues notification on committee to draft Lokpal Bill". The Hindu. 9 de abril de 2011. Consultado o 31 de xaneiro de 2013. 
  5. "The DNA power list: Top 50 influentials". DNA. 29 de xullo 2011. Consultado o 31 de xaneiro de 2013. 
  6. Hartosh Singh Bal (ed.). "Spare Us the Gandhian Halo". The Open Magazine. Consultado o 31 de xaneiro de 2013. 
  7. Amit Varma (ed.). "The Rorschach Effect in Indian Politics". Yahoo! News. Consultado o 31 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya