Anne Tuomanen, nada o 15 de abril de 1987 en Jyväskylä (Finlandia), é unha xogadora finlandesa de hóckey sobre xeo retirada, que xogou na máxima categoría do hóckey feminino finlandés durante 15 anos e foi internacional con Finlandia.[1] Xogaba como ala.[1]
Traxectoria
Campionato finlandés
Na máxima categoría Tuomanen vestiu a camisola das Cats entre 2002 e 2007, HPK nos períodos 2009–2011 e 2015–2016, e Ilves nos períodos 2011-2015 e dende a tempada 2016–17 ata a súa retirada en 2019.[1] Na máxima categoría xogou máis de 363 partidos na liga regular e 75 nos play-offs, rexistrando 134 goles e 160 asistencias na liga regular e 14 goles e 19 asistencias nas series.[4] Gañou o campionato finlandés en 2011 co HPK de Hämeenlinna, formando parte do primeiro equipo que recibiu a Aurora Borealis Malja.[5] así como catro medallas de prata e dous bronces.[4]
Tuomanen foi seleccionada no equipo das estrelas da SM-sarja[a] na tempada 2010-11.[1]
Selección finlandesa
Coa selección finlandesa, Tuomanen xogou 76 partidos nos que anotou seis goles e repartiu cinco asistencias. Participou nos Campionatos do Mundo de 2011 e 2013, gañando a medalla de bronce no primeiro deles.
En 2011 gañou a medalla de prata na Universíada de inverno. As xogadoras finlandesas chegaron á final logo de derrotar á selección eslovaca nas semifinais por 5-1.[1][8] Finalmente na final o equipo nórdico caeu por 4-1 nun partido no que Tuomanen asistiu no único gol do seu equipo.[9] Ese mesmo ano Tuomanen formou parte da selección finlandesa na prestixiosa Nations Cup, contrubuíndo cunha asistencia nos tres partidos que disputou.[10]
Hóckey liña
Ademais da súa carreira como xogadora de hóckey sobre xeo, Tuomanen desempeñouse como xogadora de hóckey liña, modalidade na que gañou o bronce no Campionato de Europa de 2017 coa selecciónn finlandesa logo de derrotar a Italia no partido polo bronce. Esta foi a primeira medalla na historia do combinado finlandés de hóckey liña nun europeo. Tuomanen tivo un papel destacado na vitoria, sumando un gol e unha asistencia.[11]
Notas
- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Anne Tuomanen" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 7 de febreiro de 2023.
- ↑ 4,0 4,1 Aaltonen, Juha (ed.). Jääkiekkokirja 2019–2020 (PDF) (en finés). Helsinqui: Uusi Suomi/Kiekkolehti. p. 548. ISSN 0784-3321. OCLC 476321083.
- ↑ Mennander, Pasi (12 de marzo de 2013). "Tästä pokaalista pelataan - 15 faktaa Aurora Borealis -maljasta" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 9 de febreiro de 2022.
- ↑ "Naisleijonat ensi kertaa arvoturnauksen finaaliin". MTV3 (en finés). 4 de febreiro de 2011. Consultado o 8 de febreiro de 2023.
- ↑ "GAME SUMMARY" (PDF) (en inglés). fisu.net. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de febreiro de 2023. Consultado o 9 de febreiro de 2023.
- ↑ "2011 MLP Nations Cup: Player Statistics by Team, FIN - Finland" (PDF) (en inglés). =IIHF. 8 de xaneiro de 2011. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de xaneiro de 2011. Consultado o 9 de febreiro de 2023.
- ↑ "Rullanaiset venyivät upeasti – Tshekistä tarttui mukaan historiallinen mitali!" (en inglés). Leijonat.com. Consultado o 8 de febreiro de 2023.
Véxase tamén
Bibliografía
- Kallioniemi, Riku (2017). Jääkiekkokirja 2017–2018 (en finés). Jääkiekon SM-liiga Oy. ISSN 0784-3321.