Antonio Dopazo Fernández, nado no Pereiro de Aguiar o 15 de febreiro de 1908 e finado en Ribadavia o 14 de setembro de 1936, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
Veciño de Sobrado (Triós). Foi nomeado mestre interino de Froufe (O Irixo) en marzo de 1931,[1] e de Vilouxe (Cerreda, Nogueira de Ramuín) en novembro dese ano.[2] Logo de aprobar as oposicións foi nomeado mestre en propiedade de Triós en novembro de 1934.[3] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Estivo preso en Celanova, de onde o sacaron para asasinalo no río Miño, en Codesal (Ribadavia).
Notas
- ↑ La Región, 19-3-1931, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 6-11-1931, p. 7.
- ↑ El Pueblo Gallego, 17-11-1934, p. 10.
Véxase tamén
Bibliografía