Antonio Villamarín Montenegro, nado en Lugo e finado na mesma cidade a finais de decembro de 1904[1], foi un impresor, xornalista e político galego.
Traxectoria
Foi caxista en Madrid. En 1867 estableceu, xunto a Balbino Enríquez, a Imprenta Enríquez y Villamarín. Xa coa imprenta que levaba o seu nome editou os periódicos El Independiente e El Eco de Galicia do que tamén foi director e fundou e dirixiu El Diario de Lugo. Foi concelleiro de Lugo e deputado provincial por Vilalba-Viveiro.
Vida persoal
Casou con Nicolasa Castro Rodríguez.
Notas