Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Antropoloxía cultural

antropoloxía cultural é unha póla da antropoloxía que estuda o ser humano como un ente cultural, entendendo como cultura todo o que a persoa fai sobre a natureza: ferramentas, comercios, prácticas, roupa, casas, relixións, música, relacións sociais, etc. Principalmente trata de explicar as causas dos estilos de vida dos seres humanos,[1] os seus cambios e estancamentos nas culturas de tódolos tempos.[2] Pode axudarse das outras pólas da antropoloxía para aumentar a calidade das conclusións da súa investigación.[1] Algúns autores consideran que a antropoloxía cultural é sinònima da social[1][3] mentres que outros as diferencian.[4] Ámbolos dous poden agruparse baixo o termo "antropoloxía socio-cultural".[5]

En principio, a antropoloxía non fixo distincións entre a física e a cultura, todo está baseado nas leis da evolución de Charles Darwin e estudou as culturas subdesenvolvidas. Coidaban que o desenvolvemento dunha cultura con respecto a outras se explicaba polo tamaño do cranio dos seus habitantes.[6]

Historia da antropoloxía cultural

Os antropólogos europeos consideran a Heródoto o primeiro antropólogo, especialmente antropólogo cultural, porque non só rexistrou o que vía e o que contaban sobre outras culturas senón que tamén se preguntou o porqué das diferenzas entre os pobos.[7]

Máis tarde, os viaxeiros e os colonos dos séculos XVI e XVII tamén se preguntaron o mesmo que Heródoto.[8]

O ensaísta francés Montaigne (que viviu no século XVI) foi un destes viaxeiros e escribiu un ensaio sobre os caníbales. Durante o século XVI houbo discusións teolóxica sobre se os humanos de pel escura tamén eran descendentes de Adán. Os misioneiros españois crían que os habitantes do Caribe non tiña alma.

Durante o século XVII, Hobbes cría que os nativos americanos vivían en estado natural de loita constante.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Harris 1990, p. 14.
  2. Harris 1990.
  3. Mair 1982, p. 9.
  4. Harris 1990, p. 21.
  5. Fisher, William F. (21 de outubro de 1997). "Doing good? The Politics and Antipolitics of NGO Practices". Annual Review of Anthropology 26: 439–464. doi:10.1146/annurev.anthro.26.1.439. 
  6. Diccionario de Filosofía (en castelán) (1a ed.). Barcelona: SPES Editorial. 2003. p. 10. ISBN 84-8332-398-2. 
  7. Mair 1982, p. 24.
  8. Mair 1982, p. 25.
Kembali kehalaman sebelumnya