Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Araceli González Carballo

Modelo:BiografíaAraceli González Carballo
Biografía
Nacemento(es) Araceli González González Editar o valor en Wikidata
6 de xullo de 1914 Editar o valor en Wikidata
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Mortemarzo de 1990 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortederramo cerrebral Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónespía, enfermeira Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJuan Pujol García Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5637811

Araceli González González, coñecida como Araceli González-Carballo, nada en Lugo o 6 de xullo de 1914 e finada en Madrid en marzo de 1990, foi unha espía galega.[1]

Traxectoria

Filla de Salvador González Carballo e Margarita González Pérez, unha familia acomodada. O seu pai finou o 25 de novembro de 1936.[2] Durante a Guerra Civil exerceu de enfermeira voluntaria no hospital de sangue de Lugo. Afiliada á Sección Femenina, foi sancionada con "represión pública" en 1939.[3] En 1938 viaxou a Burgos e foi secretaria do gobernador do Banco de España; alí coñeceu a Joan Pujol García. Logo de casaren en Madrid, axiña comezan unha misión un tanto utópica, acabar con Hitler e interromper os plans expansionistas do III Reich. Conseguiron enganar os alemáns con información falsa sobre o Desembarco de Normandía, e tal foi o engano que o seu home foi condecorado polos dous bandos, especialmente no bando nazi coa concesión da Cruz de Ferro. Sen ela, Pujol non acadaría esta meta, pois era Araceli quen movía os fíos baixo a aparencia dunha nobre e indefensa dama.

Ao rematar a guerra trasladáronse a Venezuela, pero Araceli non se adaptou e regresou a Lugo cos seus fillos separándose de Joan Pujol. Tres anos despois marchou a Madrid onde grazas á axuda dos británicos traballou de intérprete, guía e relacións públicas para as delegacións diplomáticas das embaixadas estadounidense e británica. En 1956 recibiu a noticia de que o seu home morrera de febres en Angola e dous anos despois casou con Edward Kreisler. co seu home fundaron a Galería Kreisler en 1965. Finou en Madrid a principios de marzo de 1990.[4]

No 2010 estreouse o documental Hitler, Garbo... y Araceli (Lugopress / José de Cora), centrado na vida de Araceli. No mes de setembro de 2016 apareceu a novela de José de Cora El estornudo de la mariposa, tamén baseada no matrimonio Pujol-González Carballo.

Notas

  1. "Araceli, la mujer detrás del gran espía «Garbo»", artigo en La Opinión de Zamora, 17 de decembro de 2009.
  2. El Progreso, 25-11-1937, p. 2.
  3. El Progreso, 2-4-1939, p. 3.
  4. El País 8-3-1990, p. 45.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya