División eclesiástica de Galicia.
O arciprestado de Tui-Entenza é un arciprestado pertencente á diocese de Tui-Vigo .
Historia e xeografía
Formouse no ano 2016[ 1] , como resultado da fusión dos Arciprestados de Tui e Entenza , aínda que algunhas parroquias desta última pasaron a formar parte do novo arciprestado de Tea-Condado [ 2] .
En total, o arciprestado abrangue 15 parroquias dos concellos de Salceda de Caselas , Tomiño e Tui [ 3] . Limita cos arciprestados da Guarda-Tebra , Miñor , A Louriña e Tea-Condado . O río Miño exerce de fronteira coa diocese de Viana do Castelo (Portugal ).
Mapa coas parroquias pertencentes ao concello de Tui .
Toma o seu nome da cidade de Tui e mais da parroquia de Entenza .
Parroquias
Galería de imaxes
Igrexa de San Vicente de Soutelo
Igrexa de Santos Xusto e Pastor de Entenza
Igrexa de San Salvador de Sobrada
Igrexa de Santa Mariña de Areas
Igrexa de Santiago de Malvas
Igrexa de San Xoán de Paramos
Igrexa de San Miguel de Pexegueiro
Igrexa de Nosa Señora da Guía de Randufe
Igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns
Capela de
San Telmo de Tui
Capela de
San Xián , no
Aloia (parroquia de
Frinxo )
Notas