Arties e Garòs, antigamente Arties, é un terçon tradicional do Val de Arán, utilizado como circunscrición territorial para as eleccións ao Consello Xeral de Arán. Correspóndese co antigo municipio de Arties e Garòs, hoxe parte do municipio de Naut Aran.
Formouse no século XVI ao dividirse en dous o antigo terçon de Garòs. Dende a restauración da estrutura administrativa tradicional do Val de Arán en 1990, elixe 2 dos 13 conselleiros do Consello Xeral de Arán.