Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Asento Perigoso

"Galaaz ocupa o Asento Perigoso", manuscrito francés do século XV.

O Asento Perigoso é, segundo as lendas artúricas, un asento inocupado da Táboa Redonda á dereita do Rei Artur. O meigo Merlín reservou o asento para que fose ocupado unicamente por aquel cabaleiro que estivese destinado a atopar o Santo Graal. Calquera que sentase no asento que non fose puro afundiría até as profundidades da terra.

Presentación

Moitos señores fixeron o intento presuntuoso de sentar sen ser dignos e morreron. Será Galaaz, fillo de Lanzarote do Lago, quen traerá o Santo Graal e será quen de sentar no Asento Perigoso sen problema. Este capítulo marca a fin da busca dos Cabaleiros da Táboa Redonda.

Nunha das versións do Livre du Graal, Perceval é engulido polo asento; mais noutras, é o cabaleiro que pode sentar sen perigo.

Véxase tamén

Outros artigos

Kembali kehalaman sebelumnya