Atlas E
Atlas E / SM-65E / CGM-16E |
---|
| Función | ICBM / lanzador orbital. |
---|
Tamaño |
---|
altura | 28,10 m[1] |
---|
diámetro | 3,05[1] |
---|
masa | 121.000 kg[1] |
---|
Etapas | 1 |
---|
|
---|
Carga LEO |
---|
masa | 820 kg[1] |
---|
|
---|
foguetes derivados |
---|
Familia | Atlas[1] |
---|
Lanzamento históricos |
---|
Estado | Retirado[1] |
---|
Sitios | Cabo Cañaveral, Base Vandenberg da Forza Aérea[1][2] |
---|
Total de lanzamentos | 34[1][2] |
---|
fallos | 13[1][2] |
---|
Voo inaugural | 11 de outubro de 1960[1][2] |
---|
Último voo | 18 de abril de 1968[1][2] |
---|
| Acelerarores – Atlas MA-3[1] |
---|
diámetro | 4,90 m[1] |
---|
masa cheo | 3174 kg[1] |
---|
impulsado por | 1 LR-89-5[1] |
---|
potencia máxima | 1644,960 kN (no baleiro)[1] |
---|
Impulso específico | 256 s (a nivel do mar), 290 s (no baleiro)[1] |
---|
propelente | Oxíxeno líquido e queroseno[1] |
---|
Primeira etapa – Atlas E[1][2] |
---|
altura | 20,12 m[1] |
---|
diámetro | 3,05 m[1] |
---|
masa baleiro | 4926 kg[1] |
---|
masa cheo | 117.826 kg[1] |
---|
impulsado por | 1 LR-105-5[1] |
---|
potencia máxima | 386,3 kN (no baleiro)[1] |
---|
Impulso específico | 214 s (a nivel do mar), 316 s (no baleiro)[1] |
---|
propelente | Oxíxeno líquido e queroseno[1] |
---|
| [ editar datos en Wikidata ] |
Atlas E, tamén coñecido co código SM-65E, foi un mísil balístico intercontinental usado tamén como lanzador orbital pertencente á familia de foguetes Atlas, formada en primeiro lugar por mísiles e máis tarde por foguetes espaciais. Foi a primeira versión plenamente operativa do mísil.[1][2]
Características
O Atlas E, unha versión mellorada do Atlas D, foi o primeiro Atlas operativo como mísil e foi despregado entre 1960 e 1966. Despois de ser retirados os mísiles foron usados como lanzadores orbitais. Usaba unha oxiva de reentrada Mk4 máis precisa e un sistema de propulsión (MA-3) mellorado. O sistema de guiado proporcionáballe un CEP de 600 m. Unha vez despregado estaba algo mellor protexido que o Atlas D, usando caixóns semienterrados para almacenalo durante a espera da orde de disparo. As versións modificadas para lanzamentos espaciais usaban guiado por radio (en lugar de guía inercial como nos mísiles), semellante ao dos Atlas D, e novos ordenadores de estado sólido con interface directa ao radar do foguete. Algúns foguetes Atlas usarían partes escollidas tanto do Atlas E como do Atlas F para acomodarse a misións espaciais concretas. Algúns dos Atlas E foron dotados do módulo MSD (Multiple Satellite Dispenser) para lanzar tripletes de satélites de recoñecemento NOSS 1.[1][2][3][4]
Variantes
Atlas E Altair
O Atlas E Altair (ou Atlas-E/-F Altair-3A) foi unha variante do Atlas E cunha segunda etapa formada por un foguete Altair 3 (tamén coñecida como Star 20). Foi lanzada unha única vez, con éxito, o 11 de abril de 1990, cos satélites POGS, SSR, TEX, SCE e PDD a bordo.[5][6]
Atlas E MSD
O Atlas E MSD foi unha variante cunha segunda etapa MSD. Foi lanzada unha soa vez, rematando en fracaso, o 9 de decembro de 1980.[7][8]
Atlas E OIS
O Atlas E OIS usou unha segunda etapa OIS (coñecida tamén como Star 27). Foi lanzada unha única vez, con éxito, o 13 de marzo de 1985.[9][10]
Atlas E SGS-2
Os catro Atlas E SGS-2 usaban unha segunda etapa Star 48, coñecida tamén como SGS-2 ou SVS-2. Os catro lanzamentos, que tiveron lugar entre 1983 e 1985, foron exitosos e puxeron en órbita satélites do sistema GPS.[11][12]
Atlas E SVS
Lanzouse un só Atlas E SVS, fallado, usando unha segunda etapa Star 37E, coñecida tamén como SVS-1, o 19 de decembro de 1981.[13][14]
Atlas E Trident
Os dous Atlas E Trident que se lanzaron, ambos con éxito e en 1968, usaban unha segunda etapa Trident e foron utilizados en misións suborbitais para probar vehículos de reentrada atmosférica.[15][16]
Historial de lanzamentos
Voo[1][15][5][7][9][11][13][2][3][4][16][6][8][10][12][14]
|
Data[1][15][5][7][9][11][13][2][3][4][16][6][8][10][12][14]
|
Sitio de lanzamento[1][15][5][7][9][11][13][2][3][4][16][6][8][10][12][14]
|
Carga[1][15][5][7][9][11][13][2][3][4][16][6][8][10][12][14]
|
Resultado[1][15][5][7][9][11][13][2][3][4][16][6][8][10][12][14]
|
Notas[1][15][5][7][9][11][13][2][3][4][16][6][8][10][12][14]
|
1
|
11 de outubro de 1960
|
Cabo Cañaveral
|
Lanzamento de probas.
|
Fallo
|
Primeiro lanzamento dun Atlas E.
|
2
|
30 de novembro de 1960
|
Cabo Cañaveral
|
Lanzamento de probas.
|
Fallo
|
|
3
|
24 de xaneiro de 1961
|
Cabo Cañaveral
|
Lanzamento de probas.
|
Fallo
|
|
4
|
24 de febreiro de 1961
|
Cabo Cañaveral
|
Lanzamento de probas.
|
Éxito
|
|
5
|
14 de marzo de 1961
|
Cabo Cañaveral
|
Lanzamento de probas.
|
Fallo
|
|
6
|
25 de marzo de 1961
|
Cabo Cañaveral
|
Lanzamento de probas.
|
Fallo
|
|
7
|
13 de maio de 1961
|
Cabo Cañaveral
|
Lanzamento de probas.
|
Éxito
|
|
8
|
26 de maio de 1961
|
Cabo Cañaveral
|
Lanzamento de probas.
|
Éxito
|
|
9
|
7 de xuño de 1961
|
Vandenberg
|
Lanzamento de probas.
|
Fallo
|
|
10
|
23 de xuño de 1961
|
Cabo Cañaveral
|
Lanzamento de probas.
|
Éxito
|
|
11
|
7 de xullo de 1961
|
Cabo Cañaveral
|
Lanzamento de probas.
|
Éxito
|
|
12
|
31 de xullo de 1961
|
Cabo Cañaveral
|
Lanzamento de probas.
|
Éxito
|
|
13
|
9 de setembro de 1961
|
Cabo Cañaveral
|
Lanzamento de probas.
|
Éxito
|
|
14
|
2 de outubro de 1961
|
Cabo Cañaveral
|
Lanzamento de probas.
|
Éxito
|
|
15
|
5 de outubro de 1961
|
Cabo Cañaveral
|
Lanzamento de probas.
|
Éxito
|
|
16
|
10 de novembro de 1961
|
Cabo Cañaveral
|
Lanzamento de probas.
|
Fallo
|
|
17
|
22 de novembro de 1961
|
Cabo Cañaveral
|
F-R/D / SPP 3 / SSP 22
|
Éxito
|
|
18
|
1 de decembro de 1961
|
Cabo Cañaveral
|
Lanzamento de probas.
|
Éxito
|
|
19
|
20 de decembro de 1961
|
Cabo Cañaveral
|
Lanzamento de probas.
|
Éxito
|
|
20
|
13 de febreiro de 1962
|
Cabo Cañaveral
|
Lanzamento de probas.
|
Éxito
|
|
21
|
1 de marzo de 1962
|
Vandenberg
|
Lanzamento de probas.
|
Éxito
|
|
22
|
13 de xullo de 1962
|
Vandenberg
|
Lanzamento de probas.
|
Fallo
|
|
23
|
18 de decembro de 1962
|
Vandenberg
|
NTMP K-4
|
Fallo
|
|
24
|
24 de abril de 1963
|
Vandenberg
|
Lanzamento de probas.
|
Éxito
|
|
25
|
4 de xuño de 1963
|
Vandenberg
|
Lanzamento de probas.
|
Éxito
|
|
26
|
3 de xullo de 1963
|
Vandenberg
|
Lanzamento de probas.
|
Éxito
|
|
27
|
26 de xullo de 1963
|
Vandenberg
|
Lanzamento de probas.
|
Fallo
|
|
28
|
30 de xullo de 1963
|
Vandenberg
|
Lanzamento de probas.
|
Éxito
|
|
29
|
24 de agosto de 1963
|
Vandenberg
|
NTMP
|
Éxito
|
|
30
|
25 de setembro de 1963
|
Vandenberg
|
Lanzamento de probas.
|
Fallo
|
|
31
|
12 de febreiro de 1964
|
Vandenberg
|
Lanzamento de probas.
|
Fallo
|
|
32
|
25 de febreiro de 1964
|
Cabo Cañaveral
|
ABRES WAC-3 / SPP 18
|
Éxito
|
|
33
|
27 de agosto de 1964
|
Vandenberg
|
Lanzamento de probas.
|
Fallo
|
|
34
|
6 de marzo de 1968
|
Vandenberg
|
Proba suborbital RMP-B 6
|
Éxito
|
Variante Atlas E Trident.
|
35
|
18 de abril de 1968
|
Vandenberg
|
ABRES RVTO-1A-1
|
Éxito
|
|
36
|
27 de abril de 1968
|
Vandenberg
|
Proba suborbital RMP-B 7
|
Éxito
|
Variante Atlas E Trident.
|
37
|
9 de decembro de 1980
|
Vandenberg
|
NOSS 4A / NOSS 4B / NOSS 4C / MSD 4 / LIPS 1
|
Fallo
|
Variante Atlas E MSD
|
38
|
19 de decembro de 1981
|
Vandenberg
|
GPS 7
|
Fallo
|
Variante Atlas E SVS.
|
39
|
14 de xullo de 1983
|
Vandenberg
|
GPS 8
|
Éxito
|
Variante Atlas E SGS-2.
|
40
|
13 de xuño de 1984
|
Vandenberg
|
GPS 9
|
Éxito
|
Variante Atlas E SGS-2.
|
41
|
8 de setembro de 1984
|
Vandenberg
|
GPS 10
|
Éxito
|
Variante Atlas E SGS-2.
|
42
|
13 de marzo de 1985
|
Vandenberg
|
Geosat
|
Éxito
|
Variante Atlas E OIS.
|
43
|
9 de outubro de 1985
|
Vandenberg
|
GPS 11
|
Éxito
|
Variante Atlas E SGS-2.
|
44
|
11 de abril de 1990
|
Vandenberg
|
POGS / SSR / TEX / SCE / PDD
|
Éxito
|
Variante Atlas E Altair.
|
Notas
- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 1,25 1,26 1,27 1,28 1,29 1,30 1,31 1,32 1,33 1,34 1,35 Mark Wade (2018). "Atlas E" (en inglés). Consultado o 23 de xuño de 2018.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "Atlas-E (SM-65E / CGM-16E) ICBM" (en inglés). Consultado o 23 de xuño de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "MSD" (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2020.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Atlas-E/-F MSD" (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2020.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Mark Wade (2022). "Atlas E Altair" (en inglés). Consultado o 22 de agosto de 2022.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Atlas-E/-F Altair-3A" (en inglés). Consultado o 22 de agosto de 2022.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 7,6 Mark Wade (2022). "Atlas E/MSD" (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2022.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 8,6 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Atlas-E/-F MSD" (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2022.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 9,5 9,6 Mark Wade (2022). "Atlas E/OIS" (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2022.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 10,5 10,6 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Atlas-E/-F OIS" (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2022.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 11,5 11,6 Mark Wade (2022). "Atlas E/SGS-2" (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2022.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 12,5 12,6 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Atlas-E/-F SGS-2 (Atlas-E/-F SVS-2)" (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2022.
- ↑ 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 13,5 13,6 Mark Wade (2022). "Atlas E/SVS" (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2022.
- ↑ 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 14,5 14,6 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Atlas-E/-F SGS-1 (Atlas-E/-F SVS-1)" (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2022.
- ↑ 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 15,5 15,6 Mark Wade (2022). "Atlas E/Trident" (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2022.
- ↑ 16,0 16,1 16,2 16,3 16,4 16,5 16,6 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Atlas-E/-F Trident" (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2022.
Véxase tamén
Outros artigos
|
|