Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Baltimore Orioles

Baltimore Orioles
Fundado en 1901
En Baltimore desde 1954
Logo
Afiliacións de Grandes Ligas
Uniforme actual
Dorsais retirados4, 5, 8, 20, 22, 33, 42
Cores
  • Laranxa, negro, gris, branco                    
Nome
  • Baltimore Orioles (1954–presente)
  • St. Louis Browns (1902–1953)
  • Milwaukee Brewers (1901)
Alcumes
  • The O's, The Birds, Birdland
Estadio
  • Oriole Park at Camden Yards (1992–presente)
  • Memorial Stadium (1954–1991)
  • Sportsman's Park (1902–1953)
  • Lloyd Street Grounds (1901)
Títulos das Grandes Ligas
Series Mundiais (3)1966, 1970, 1983
American League (7)1944, 1966, 1969, 1970, 1971, 1979, 1983
División Leste (9)1969, 1970, 1971, 1973, 1974, 1979, 1983, 1997, 2014
Wild card (3)1996, 2012, 2016
Administración
Dono(s)Peter Angelos
AdestradorBrandon Hyde
Director xeralMike Elias

Os Baltimore Orioles son un equipo profesional estadounidense de béisbol con sede na cidade de Baltimore, Maryland. O club compite na Major League Baseball (MLB) como membro da Divisón Leste da American League (AL). Os Orioles foron en 1901 unha das oito franquías fundadoras da American League co nome de Milwaukee Brewers, para trasladarse posteriormente a St. Louis onde recibiron o nome de St. Louis Browns. Tras cincuenta e dous anos en Missouri, a franquía foi comprada en 1953 un grupo de homes de negocios de Baltimore liderados por Clarence Miles. O equipo moveuse oficialmente a Baltimore en 1954 e adopaou o nome histórico nome de "Orioles" na honra do paxaro oficial do estado de Maryland: o ouriolo ou vichelocrego.[1]

Os maiores éxitos do equipo sucederon entre 1966 e 1983, época na que conseguiron disputar seis Series Mundiais, gañando tres delas (1966, 1970 e 1983). Nesta era pasaron polo club moitos xogadores que posteriormente conseguiron entrar no Salón da Fama do béisbol como membros do equipo, destacando o terceira base Brooks Robinson, o exterior Frank Robinson, o pitcher Jim Palmer, o primeira base Eddie Murray, o shortstop Cal Ripken Jr. e o adestrador Earl Weaver. En toda a súa historia os Orioles conseguiron gañar, alén das tres Series Mundiais, nove títulos de división (1969–1971, 1973–1974, 1979, 1983, 1997, 2014) e seis títulos da Liga Americana (1966, 1969–1971, 1979, 1983). Os Orioles tamén son coñecidos polo seu influente parque de béisbol, o Oriole Park at Camden Yards, o cal sentou en 1992 un precedente dun novo estilo arquitectónico nos estadios das Grandes Ligas.[2][3]

Historia

Primeiros anos

A franquía dos Orioles pode remontar as súas raíces aos Milwaukee Brewers orixinais da Western League das ligas menores. No ano 1900 esta competición retirouse do Acordo Nacional de béisbol (o entendemento formal entre a Liga Nacional e as ligas menores), adoptou o nome o de Liga Americana e, Dous meses despois, autoproclamouse liga maior. Isto produciu unha gran serie de mudanzas na competición e nos seus equipos, sendo os Brewers, xunto cos Detroit Tigers, unha das únicas dúas franquías que non se trasladaron ou foron expulsadas da mesma. No seu primeiro partido na Liga Americana, o equipo perdeu ante os Tigers por 14-13 despois de desperdiciar unha vantaxe de nove carreiras na novena entrada.[4] Neste primeiro ano, o equipo disputou os seus xogos no Lloyd Street Grounds.

Após un ano en Milwaukee, o club trasladouse a St. Louis, Missouri, onde adoptaron o nome de St. Louis Browns. Durante a década de 1920 o equipo gozou de relativo éxito da man primeira base George Sisler. Porén, a partir de entón o club declinou, perdendo popularidade ante o outro equipo da cidade, os St. Louis Cardinals, equipo co que compartían estadio, o Sportsman's Park. O maior éxito da franquía en St. Luois chegou en 1944 cando conseguiron gañar o seu único título da Liga Americana. Porén, nunha temporada na que houbo falta de xogadores por mor da segunda guerra mundial, perderon nas Series Mundiais ante os propios Cardinals. Este serie foi a terceira e última da historia en terse xogado enteira no mesmo estadio. En 1953 o equipo non podía permitirse nin o mantemento do estadio, polo que o dono Bill Veeck vendeullo aos Cardinals e tentou levar de volta o equipo a Milwaukee. Con todo, o resto de propietarios de equipos da liga negáronse, facendo que Veeck vendese o equipo á asociación de empresarios Miles-Krieger-Hoffberger de Baltimore, Maryland.

Traslado a Baltimore

Ao pouco tempo de facerse co control da franquía o grupo Miles-Krieger-Hoffberger rebautizou ao equipo como Baltimore Orioles. Este nome xa tiña tradición na cidade. Por un lado, fora empregado por un equipo da Liga Nacional na década de 1890. Por outro lado, en 1901 a cidade de Baltimore obtivera unha franquía de expansión na nova Liga Americana tamén co nome de Orioles. Así, o equipo debutaría co seu novo novo nome en 1954 con dous xogos contra os Tigers en Detroit. O debut na casa chegou o 15 de abril, sendo recibidos cun desfile polas rúas do centro da cidade ante uns 350.000 espectadores durante todo o percorrido. Xa no Memorial Stadium, o equipo debutou cunha vitoria por 3−1 ante os Chicago White Sox diante de 46.354 espectadores. Porén, o resto da tempada non sería tan agradábel, perdendo o equipo 100 xogos, evitando o último lugar por tan só tres.

Durante os seguintes anos o club foi creando o que se chamou posteriormente o "Oriole Way" (do inglés: Camiño dos Orioles), un sistema coordinado entre todos os equipos do ámbito do club, favorecendo a incorporación e adaptación dos equipos de canteira das ligas menores ao primeiro equipo. O artífice deste xeito de xestionar o equipo foi o adestrador e director xeral Paul Richards. E ncanto ao rendemento en grandes ligas, durante o restante da década de 1950, o máis destacábel foi o quinto posto obtido na Liga Americana en 1957 con 76 vitorias por 76 derrotas (76−76). Durante estes anos foron chegando ao equipo novos xogadores que ían ser fundamentais como Dave Nicholson, Pete Ward, Ron Hansen (mellor debutante da Liga Americana de 1960), Milt Pappas, Jerry Adair, Steve Barber (20 vitorias en 1963), Boog Powell, Dave McNally e Brooks Robinson.

Anos de gloria

Na década de 1960 o sistema de granxa (canteira) dos Orioles produciu un gran número de xogadores e adestradores de alto nivel que levaron ao equipo a dúas décadas de éxito deportivo. Este período abarcou dezaoito tempordas consecutivas con máis vitorias que derrotas (1968–1985). Os anos de gloria comezaron o 9 de decembro de 1965 co traspaso do pitcher Milt Pappas aos Cincinnati Reds en troques do futuro membro do Salón da Fama Frank Robinson. Na súa primeira temporada como Oriole, Robinson consegue ser o líder da liga en media de bateo (.316), home runs (49) e carreiras impulsadas (122), gañando o MVP e a Tripla Crown.[5] Coa colaboración de Robinson, os Orioles conseguen gañar as súas primeiras Series Mundiais após vencer a Los Angeles Dodgers por 4−0. Despois dunha mediocre temporada de 1967, Hank Bauer sería substituído por Earl Weaver. En 1968 os Orioles acabarían segundos na Liga Americana, o que só sería un preludio de 1969, cando os Orioles gañaron 109 xogos e o recentemente creado título de división da Liga Americana. Esa temporada Mike Cuellar compartiu o Premio Cy Young con Denny McLain dos Tigers e o equipo conseguiu vencer facilmente aos Minnesota Twins na Serie de Campionato da Liga Americana (ALCS). Porén, o equipo non consegue gañar as Series Mundiais ao perder contra os "Miracle Mets" en cinco xogos (1−4). Na seguinte temporada Boog Powell gañou o MVP e os Orioles conseguen outra gran marca con 108 xogos gañados. Despois de gañar con facilidade de novo aos Twins unha vez máis na ALCS, os Orioles gañaron as súas segundas Series Mundiais ao derrotar aos Cincinnati Reds da "Big Red Machine" en cinco xogos (4−1).

Notas

  1. "Baltimore Orioles". Team Name Origin (en inglés). 
  2. Kamin, Blair. "Camden Yards paved a retro revolution — and influenced Wrigley Field's renovations". Chicago Tribune. 
  3. Weigel, Brandon. "A More Complex Legacy: Oriole Park is known as "the ballpark that forever changed baseball," and its impact may well extend to local governing". Baltimore City Paper. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2019. Consultado o 21 de marzo de 2020. 
  4. "Events of Thursday, April 25, 1901". Retrosheet. 
  5. "Frank Robinson". Baseball Reference. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya