A familia Beechcraft Super King Air é parte dunha liña de avións con dous motores turbohélice producidos por Beechcraft. As series Model 200 e Model 300 comercializáronse orixinalmente como a familia "Super King Air"; a designación "Super" desapareceu en 1996.[1] Forma a liña King Air cuntos coas series King Air Model 90 e 100.[2]
No presente Beechcraft ofrece os modelos 250 (designación B200GT[3]) e o máis grande 350i (B300[3]).[4] O 350ER (B300CER[3]) está dispoñible para gobernos, militares e clientes comerciais para operacións especiais,[5] como vixilancia aérea, ambulancia ou voos de inspección.[6] O avión rexional Beechcraft 1900 derivou do Model B200 King Air.[7]
A familia Super King Air fabricouse continuamente dende 1974,[8] o período de fabricación máis longo de calquera turbohélice civil da súa clase. O modelo superou a todos os seus competidores anteriores; o único outro avión turbohélice multimotor presurizado que agora está en produción é o Piaggio P.180 Avanti.[3]
Notas
Bibliografía