Benjamin Kudjow Thomas Boukpeti, nado en Lagny-sur-Marne, Francia, o 4 de agosto de 1981, é un deportista togolés de piragüismo en slálom que competiu a nivel internacional dende 2003 até 2012.[1] Competiu en tres Xogos Olímpicos de Verán e gañou a medalla de bronce na proba de K1 masculino nos Xogos Olímpicos de 2008 en Pequín.[2] Boukpeti foi o primeiro deportista de Togo en gañar unha medalla olímpica.[3]
Notas