Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Berenxena

Berenxena

Solanum melongena
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Solanales
Familia: Solanaceae
Subfamilia: Solanoideae
Tribo: Solaneae
Xénero: Solanum
Especie: S. melongena
Nome binomial
'Solanum melongena'
L., Sp. Pl., 1:186, 1753 [1]
Sinonimia
  • Solanum zeylanicum Scop., 1786
  • Solanum undulatum Poir. in Lam., 1797
  • Solanum undatum Poir. in Lam., 1794
  • Solanum trongum Poir. in Lam., 1797
  • Solanum trilobatum Noronha , 1790
  • Solanum tomentosum Miq. 1859
  • Solanum sativum Dunal in DC., 1852
  • Solanum sanctum L., 1762
  • Solanum pressum Dunal, 1813
  • Solanum plumieri Dunal in DC., 1852
  • Solanum ovigerum Dunal, 1813
  • Solanum insanum L., 1767
  • Solanum indicum Roxb. in Carey, 1820
  • Solanum incanum L., 1753
  • Solanum heteracanthum Dunal in Poir., 1814
  • Solanum esculentum Dunal, 1813
  • Solanum album Noronha, 1790
  • Melongena teres Mill., 1768
  • Melongena spinosa Mill., 1768
  • Melongena ovata Mill., 1768
  • Melongena incurva Mill., 1768
  • Solanum oviferum Salisb., 1796
  • Solanum melanocarpum Dunal[1]

A berenxena[2] (Solanum melongena) é unha planta anual do xénero Solanum dentro da familia das solanáceas, orixinaria da India, considerada de fácil cultivo nos trópicos, e que pertence á mesma familia do pemento (condimento), da pataca e do tomate. É sensíbel ao frío, ás xeadas e ao exceso de choiva na altura da floración. A época de plantío, no hemisferio norte, é de setembro a febreiro e, en rexións de clima quente, o ano todo.

En Galiza carece de nome popular ao non exister tradición do seu cultivo, porén hoxe en día é doado atoparmos o froito tanto a venda como nos agros.

Etimoloxía

O termo provén do persiano بادنجان bādinyān, que despois pasou ao árabe cunha moi lixeira variación, باذنجان bādhinyān, de aí pasou ao español: berenjena, que deu o galego berinxela e berenxena; e ao portugués: beringela[3].

O dicionario da Real Academia Galega só admite a forma berenxena, mais berinxela é unha forma que recollía o dicionario da RAG de 1913 so a grafía "beringéla" [4]; e que temén tiñan entrada noutra ducia de dicionarios galegos ata a década de 1980. Berenxena, escrito como "berengena", recolleuno Sarmiento no século XVII [5] e Marcial Valladares Núñez como "berengêna"[6]. A partir da década de 1980 e a voz que recollen a maioría dos dicionarios galegos.

Os pobos de fala inglesa coñécena coma "planta dos ovos" (eggplant) pola forma das súas primeiras variedades introducidas do tipo oviferum, que eran albas e en forma de ovo.

Historia

Segundo algúns historiadores, o seu cultivo comezou como planta ornamental, na India, arredor de 4 000 anos atrás, tendo chegado a Europa no século XIII a través dos árabes da Península Ibérica, que eran e son grandes apreciadores deste froito. En Galiza o cultivo non foi moi común inda que xa for recollido por Sarmiento no século XVIII

Características

Planta

Solanum melongena var. ovigerum.

A planta presenta un talo erecto, piloso e ramificado. Pode ser espiñento, cunha altura que varía entre os 3 e os 6 dm. É delicada e doadamente creban se non ten un espeque titor cando carga os froitos.

As follas son de enteiras até profundamente lobadas, grandes e co envés cuberto dunha vilosidade cinsenta estrelada-pubescente; as nervaduras das follas teñen espiñas miúdas.

As flores son péndulas, grandes e de cor violeta de 5 cm de largo en media; teñen forma de estrela de 5 até 8 puntas, e igual número de estames. O cáliz, espiñento e con 5-9 lóbulos, perdura e medra moito durante o desenvolvemento do froito.

É unha planta moi esixente en luminosidade, require de 10 a 12 horas de luz. Atura ben as temperaturas elevadas sempre que haxa unha humidade axeitada e é moi sensíbel ao frío, temperatura mínima biolóxica (10 a 12 °C) e a máxima (40 a 45 °C), a humidade relativa óptima oscila entre o 50% e o 65%. Condicións de clima mediterráneo que limita o seu cultivo en Galiza. A semente para a sementeira tírase dos froitos ben chegados.

O ciclo da berinxela adoita durar de nove a dez meses; dende que se planta até se iniciar a colleita acostuman transcorrer 100 a 125 días, segundo variedades e época do cultivo.[7]

Unha berinxela partida pola metade. A polpa tende a se oxidar en poucos minutos en contacto co ar tornando a cor a un ton de ferruxe.

Froito

O froito, comestíbel, é unha baga de 5 até 30 cm de lonxitude de forma cilíndrica, oblonga ou alongada na maioría dos casos, cunha pela lisa, brillante e de cores diversos segundo a variedade, a máis común é a de cor morada ou negro ao madurar, porén existe branca, púrpura, negra, amarela, encarnada ou de cores mesturadas, especialmente branca, negra, morada e verde. A polpa é consistente, de textura esponxosa, de cor alba, ten certo sabor agre, presenta carabuñas miúdas de cor amarela. Atópase nos mercados todo o ano por ser cultivado en época de baixas temperatura en invernadoiro.

Na pela do froito identificáronse antocianinas (flavonoides), pigmentos que lle confiren a cor morada.

Conservación do froito

A súa conservación debe ser nun lugar refrixerado até o consumo e debe consumirse o máis cedo posíbel (resiste pouco máis de dez días), xa que o froito logo desenvolve manchas pardas e comeza a amargar. Porén existen procedementos de escabechado que permiten prolongar este período por un ano, como fan coas berenjenas de Almagro.

Propiedades nutritivas

Berenxena, crúa
Valor nutricional por 100 g
Enerxía104 kJ (25 kcal)
5.88 g
Azucres3.53 g
Fibra alimentaria3 g
0.18 g
0.98 g
VitaminasCantidade
%DV
Tiamina (B1)
3%
0.039 mg
Riboflavina (B2)
3%
0.037 mg
Niacina (B3)
4%
0.649 mg
Ácido pantoteico (B5)
6%
0.281 mg
Vitamina B6
6%
0.084 mg
Ácido fólico (B9)
6%
22 μg
Vitamina C
3%
2.2 mg
Vitamina E
2%
0.3 mg
Vitamina K
3%
3.5 μg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
1%
9 mg
Ferro
2%
0.23 mg
Magnesio
4%
14 mg
Manganeso
11%
0.232 mg
Fósforo
3%
24 mg
Potasio
5%
229 mg
Cinc
2%
0.16 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga92 g

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient

O seu valor enerxético e nutritivo é pequeno comparado con outros froitos, verduras e hortalizas. Contén escasas vitaminas, hidrocarbonos, proteínas e minerais, sendo o compoñente maioritario no seu peso a auga, nun 92% da súa composición. O mineral máis abundante é o potasio e en pequenas cantidades fósforo, calcio, magnesio e ferro. Ten vitaminas A, B1, B2, B3, C e folatos.

É de medio contido fibroso mais repartido máis na pela e semrntes. O seu contido calórico é case inexistente.

Tipos

Existen diferentes variedades de berinxelas, diferenciándose polas súas cores. As máis comúns son as vermellas escuras, púrpura, ou roxas, mais poden tamén ser brancas, aínda que estas adoitan ser raras.

De polpa macia e flexíbel, ten unha pela lisa e lustrosa que a envolve. No mercado galego as variedades máis comúns son a híbrida, grande e roxa, a híbrida super F-100, no ton vermello escuro brillante e a embú, de cor roxa avermellada, todas con pedúnculo verde.

Uso medicinal

A berinxela: os naturistas recomendan o seu consumo para previr algúns males referentes ao fluxo sanguíneo.

A eficacia da berinxela no tratamento de hipercolesterolemia e no control do colesterol é controversa. Unha investigación realizada no Instituto de Biociências de Botucatu - São Paulo amosou que a berinxela pode reducir até 30% as taxas do colesterol. Un estudo clínico do Instituto do Corazón de São Paulo non confirmou tales resultados; o traballo publicado afirma que a berinxela non debe ser encarada como substituto de estatina.[8]. Aínda non se sabe cal é o principio activo responsábel da redución das taxas de colesterol, mais os científicos sospeitan dun alcaloide existente na berinxela.

O froito é rico en proteínas, vitaminas (A, B1, B2, B5, C), minerais (calcio, fósforo, ferro, potasio, magnesio) e alcaloides, que actúan diminuíndo a presión sanguínea, previndo a arterosclerose, os naturistas recomendan o seu consumo para previr algúns males referentes ao fluxo sanguíneo.

Tamén é recomendada nos casos de artrite, presentando bos resultados na gota e no reumatismo, ben como na diabetes e nas inflamacións da pel en xeral.

É tamén moi dixestiva, nutritiva e laxante, por ese motivo é indicada nos casos de desnutrición, indixestión e prisión de ventre. O consumo da berinxela está tamén indicado para problemas do fígado e do estómago.

Con fin medicinal, tamén pode ser usada cortada en pedaciños con casca e colocado nun xerro de auga na neveira, bebendo 200 ml 3 veces ao día (nos casos de crise: diabete alta, hipertensión) e para manutención diminuír a dose. Véndese tamén en po como hortaliza medicinal.

As mellores berinxelas son as de estrutura firme e cascas ben brillantes. As opacas e amolecidas xa están vellas e perderon as súas propiedades nutricionais.

Uso culinario

En Galiza o uso é recente, en pratos estranxeiros. Úsase na preparación de pratos como o cuscús, escalivada, tortas, ensaladas etc. Tamén é moi boa para facer a lasaña grega: a musaca. Cocida, fritida, asada ou grellada, a berinxela combina ben co pemento, tomate, cebola e olivas, tornándose un óptimo acompañamento para carnes grelladas e asadas.

Galería

Notas

  1. "Sinónimos en Tela Botanica". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2009. Consultado o 03 de marzo de 2013. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para berenxena.
  3. FERREIRA, A. B. H. Novo dicionário da língua portuguesa. Segunda edição. Rio de Janeiro. Nova Fronteira. 1986. p. 250.
  4. "Dicionario de dicionarios". ilg.usc.gal. Consultado o 2022-03-17. 
  5. "Dicionario de dicionarios". ilg.usc.gal. Consultado o 2022-03-17. 
  6. "Dicionario de dicionarios". ilg.usc.gal. Consultado o 2022-03-17. 
  7. Cultivo de la berenjena, Zoilo Serrano Cermeno, Hojas divulgadoras Ministerio de Medio Ambiente
  8. Juliana Marchiori Praça, Andréa Thomaz, Bruno Caramelli. "Eggplant (Solanum melongena) Extract Does Not Alter Serum Lipid Levels". Arq Bras Cardiol, volume 82 (nº 3), 273-6, 2004.

Véxase tamén

Read other articles:

عملية الستارة الفولاذية جزء من حرب العراق    التاريخ 22 نوفمبر 2005  الموقع حصيبة  [لغات أخرى]‏  تعديل مصدري - تعديل   عنتمعارك وعمليات حرب العراق بمحافظة الأنبار مجزرة الفلوجة عقرب الصحراء هجوم رمضان (2003) ربيع 2004 كمين بلاكووتر معركة الفلوجة الأولى معركة �...

 

Park in North Omaha, Nebraska Hummel ParkEntrance sign at Hummel ParkTypeMunicipal (Omaha)LocationNorth OmahaCoordinates41°22′18″N 95°57′26″W / 41.37167°N 95.95722°W / 41.37167; -95.95722Area202 acres (0.82 km2)Created1930StatusOpen all year Hummel Park is located at 11808 John J. Pershing Drive in North Omaha, Nebraska. Developed on 202 acres (0.82 km2) of land donated to the City of Omaha in 1930,[1] the park was named after Joseph B. Hu...

 

Biografi ini tidak memiliki sumber tepercaya sehingga isinya tidak dapat dipastikan. Bantu memperbaiki artikel ini dengan menambahkan sumber tepercaya. Materi kontroversial atau trivial yang sumbernya tidak memadai atau tidak bisa dipercaya harus segera dihapus.Cari sumber: Nani Sugianto – berita · surat kabar · buku · cendekiawan · JSTOR (Pelajari cara dan kapan saatnya untuk menghapus pesan templat ini) Nani SugiantoLahirKuspuji Handayani26 November ...

У этого топонима есть и другие значения, см. Изе (значения).Изенем. Ise Характеристика Длина 49,7 км Бассейн 421 км² Водоток Исток   (Т) (B)    • Координаты 52°46′16″ с. ш. 10°46′12″ в. д.HGЯO Устье    (Т) (B) Аллер  • Координаты 52°29′06″ с. ш...

 

Đại Cồ Việt 大瞿越國 Дайков'єт 938 – 1009 Дайков'єт: історичні кордони на картіДайков'єт за ранніх років династії Нго Столиця [[[:en:C%E1%BB%95 Loa Citadel|Колоа]]] [[[:en:Hoa L%C6%B0|Хоали]]] Релігії культ предків (то тіен) конфуціанство (до 968 р.) буддизм даосизм Форма правління монархія Історі...

 

Стаття Освітні заклади Умані призначена для ознайомлення, в тому числі візуального зі школами, дитячими садочками (дошкільними навчальними закладами) та іншими освітніми закладами міста Умань Черкаської області. Номер та назва школи Рік заснування Розташування Фото Кор

Untuk kegunaan lain, lihat Way (disambiguasi). Kabupaten Way KananKabupatenStasiun Blambangan Umpu LambangMotto: Ramik ragom(Lampung) Banyak dan beragam[a]PetaKabupaten Way KananPetaTampilkan peta SumatraKabupaten Way KananKabupaten Way Kanan (Indonesia)Tampilkan peta IndonesiaKoordinat: 4°26′49″S 104°31′39″E / 4.44705°S 104.52753°E / -4.44705; 104.52753Negara IndonesiaProvinsiLampungTanggal berdiri27 April 1999Dasar hukumUU RI Nomor 12 Ta...

 

Election for the governorship of the U.S. state of New Mexico 1960 New Mexico gubernatorial election ← 1958 November 8, 1960 1962 →   Nominee Edwin L. Mechem John Burroughs Party Republican Democratic Popular vote 153,765 151,777 Percentage 50.3% 49.7% Governor before election John Burroughs Democratic Elected Governor Edwin L. Mechem Republican Elections in New Mexico Federal elections Presidential elections 1912 1916 1920 1924 1928 1932 1936 1940 1944 1948 19...

 

Der Titel dieses Artikels ist mehrdeutig. Weitere Bedeutungen sind unter Der Teufel mit den drei goldenen Haaren (Begriffsklärung) aufgeführt. Illustration von Otto Ubbelohde, 1909 Der Teufel mit den drei goldenen Haaren ist ein Märchen (ATU 930, 461). Es steht in den Kinder- und Hausmärchen der Brüder Grimm an Stelle 29 (KHM 29). In der 1. Auflage lautete der Titel Von dem Teufel mit drei goldenen Haaren. Inhaltsverzeichnis 1 Inhalt (ab der 2. Auflage) 2 Sprache und Textstruktur 3 Herku...

Ines Sukandar (lahir 4 November 1963) adalah jurnalis Indonesia yang telah lama terlibat dalam dunia jurnalisme di Indonesia. Ines Sukandar yang mahir berbahasa Inggris dan Prancis ini juga pernah berkarier sebagai penyiar berita di TVRI. Selain itu Ines Sukandar juga merupakan pembawa acara kawakan. Artikel bertopik biografi Indonesia ini adalah sebuah rintisan. Anda dapat membantu Wikipedia dengan mengembangkannya.lbs

 

Pengantin wanita mengenakan kimono yang disebut shiromuku Uchikake bermotif burung jenjang Kimono (着物code: ja is deprecated ) adalah pakaian tradisional Jepang. Arti harfiah kimono adalah baju atau sesuatu yang dikenakan (ki berarti pakai, dan mono berarti barang). Pada zaman sekarang, kimono berbentuk seperti huruf T, mirip mantel berlengan panjang dan berkerah. Panjang kimono dibuat hingga ke pergelangan kaki. Wanita mengenakan kimono berbentuk baju terusan, sementara pria mengenakan ki...

 

الزوجة الرابعة النوع دراما اجتماعية تأليف أحمد عبد الفتاح إخراج مجدي الهواري بطولة مصطفى شعبان البلد  مصر لغة العمل ‍العربية عدد المواسم 1 عدد الحلقات 30 مدة الحلقة 35 دقيقة شارة البداية وائل جسار شارة النهاية وائل جسار القناة ميلودي دراماسي بي سيتايم درامابانوراما درام�...

Mujeres indígenas desaparecidas y asesinadas Missing and Murdered Indigenous Women Acrónimo MMIWTipo problema socialObjetivos Movimiento para visibilizar la violencia desproporcionada contra mujeres canadienses indígenas y nativas americanas.[editar datos en Wikidata] Mujeres Indígenas Desaparecidas y Asesinadas (Missing and Murdered Indigenous Women, MMIW por sus siglas en inglés) se refiere a la epidemia de violencia contra mujeres indígenas en Canadá y Estados Unidos,[1]&#...

 

Village in Catalonia, SpainSuVillageSuLocation in CataloniaShow map of CataloniaSuSu (Spain)Show map of SpainCoordinates: 41°53′18″N 1°33′51″E / 41.88833°N 1.56417°E / 41.88833; 1.56417Country SpainAutonomous community CataloniaProvinceLleidaVegueriaComarques CentralsComarcaSolsonèsMunicipalityRinerElevation726 m (2,382 ft)Population (2017)[1] • Total37Time zoneUTC+1 (CET) • Summer (DST)UTC+2 (CEST)P...

 

Timeline of the Syrian civil war from 15 March 2011 to the present vteSyrian civil war Timeline January–April 2011 May–August 2011 September–December 2011 January–April 2012 May–August 2012 September–December 2012 January–April 2013 May–December 2013 January–July 2014 August–December 2014 January–July 2015 August–December 2015 January–April 2016 May–August 2016 September–December 2016 January–April 2017 May–August 2017 September–December 2017 January–Apri...

Pour un article plus général, voir Records du monde d'athlétisme. Record du monde du400 m Wayde van Niekerk détient le record du monde masculin avec 43 s 03. Caractéristiques du record Discipline 400 mètresathlétisme Instancehomologatrice World Athletics Genre Hommes / Femmes Portée Monde Record actuel masculin Valeur 43 s 03 Titulaire(s) Wayde van Niekerk Afrique du Sud Date du record 14 août 2016 Circonstance Jeux olympiques Site Stade olympique João-HavelangeRio de Janeiro Brési...

 

American swimmer, Olympic gold medalist, former world record-holder Mary T. MeagherMeagher in 1984Personal informationFull nameMary Terstegge MeagherNickname(s)Mary T., Madam Butterfly[1]National teamUnited StatesBorn (1964-10-27) October 27, 1964 (age 59)Louisville, Kentucky, U.S.[2]Height5 ft 8 in (1.73 m)Weight141 lb (64 kg)SportSportSwimmingStrokesButterfly, freestyleCollege teamUniversity of California, Berkeley Medal record Women's...

 

UHF redirects here. For other uses, see UHF (disambiguation). Electromagnetic spectrum 300–3000 MHz Ultra high frequencyUltra high frequency (ITU)Frequency range300 MHz to 3 GHzWavelength range1 m to 1 dmRelated bands B / C / D / E bands (NATO) UHF and L / S bands (IEEE) Ultra high frequency (IEEE)Frequency range300 MHz to 1 GHzWavelength range1 m to 3 dmRelated bands UHF (ITU) B / C bands (NATO) Radio bands ITU 1 (ELF) 2 (SLF) 3 (ULF) 4 (VLF) 5 ...

Fictional comic book series This article is about the comic book Livewires. For other uses of term live wire in comics, see Live Wire (comics). This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) This article does not cite any sources. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Livewires co...

 

Open-source Java library The topic of this article may not meet Wikipedia's notability guidelines for products and services. Please help to demonstrate the notability of the topic by citing reliable secondary sources that are independent of the topic and provide significant coverage of it beyond a mere trivial mention. If notability cannot be shown, the article is likely to be merged, redirected, or deleted.Find sources: Apache Empire-db – news · newspapers · book...

 
Kembali kehalaman sebelumnya