Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Biblioteca Nacional de Gales


Biblioteca Nacional de Gales.

A Biblioteca Nacional de Gales (galés: Llyfrgell Genedlaethol Cymru; inglés: National Library of Wales) é a biblioteca na que actualmente se realiza o depósito legal en Gales. Está localizada en Aberystwyth. É un organismo patrocinado pola Asemblea de Goberno. Cyril Evans, organizador da conmemoración do centenario da institución expresou que "a biblioteca está considerada como unha das grandes bibliotecas mundiais,e que dispón dunha reputación internacional que fai que todos os homes e mulleres galeses estean moi orgullosos".[1]

O galés é o principal medio de comunicación desta institución, malia que como en todos os servizos públicos se admite tanto o galés como o inglés.[2]

Historia e edificios

En 1873 creouse un comité para recompilar o material de Gales e conservalo na Universidade de Aberystwyth (University College, Aberystwyth). En 1905, o goberno prometeu diñeiro nos seus Orzamentos, e o Consello Privado nomeou un comité para decidir sobre a situación das dúas entidades. Seleccionouse Aberystwyth para situar a biblioteca logo dunha pelexa amarga con Cardiff, en parte debido a que unha colección xa estaba dispoñíbel no Colexio.

Sir John Williams, médico e coleccionista de libros, tamén dixera que había doar a súa colección á Biblioteca, se esta se situaba en Aberystwyth, e ademais deu 20.000 libras para a eventual construción e establecemento da biblioteca. Cardiff foi seleccionado como a sede do Museo Nacional de Gales. A Biblioteca e Museo foron establecidas por decreto real o 19 de marzo de 1907.[3]

Deseñado polo arquitecto Sidney Greenslade, que gañou o concurso para deseñar o edificio en 1909, o edificio en Grogythan,[4] fronte a Penglais Hill, foi ocupado por primeira vez en 1916. O bloque central, ou edificio principal, foi engadido por Charles Holden como unha versión modificada do deseño de Greenslade. En 1996, abriuse unha grande edificio de almacenamento, e nos últimos anos fixéronse moitos cambios na parte dianteira do edificio. Concedéuselle un novo decreto real no 2006.

Bibliotecarios

Coleccións da Biblioteca

O edificio alberga máis de 4 millóns de volumes impresos, incluídos moitos libros curiosos, como o primeiro libro impreso en galés Yn y lhyvyr hwnn, 1546[5] e a primeira tradución completa ao galés da Biblia [6] (1588). Tamén conta con moitos manuscritos raros e importantes, como o Libro Negro de Carmarthen [7] (manuscrito antigo que se conserva integramente en galés), o Libro de Taliesin,[8] e un manuscrito da obra de Geoffrey Chaucer.[9] Como depositario de dereitos de autor, ten dereito a recibir unha copia de cada traballo publicado desde o Reino Unido e República de Irlanda. A súa política céntrase no país de Gales, na lingua galesa e en materiais célticos.

A Biblioteca tamén posúe o arquivo político dos galeses[10] e a National Screen and Sound Archive de Gales.[11] Tamén ten mapas,[12] fotografías,[13] cadros,[14], gravados topográficos e de paisaxe, revistas e xornais.[15] Tamén posúe a meirande colección de material de arquivo en Gales.

En 2000, Peter Bellwood vendeu polo menos cincuenta mapas antigos da biblioteca, que chegaron a coleccionistas privados por 70.000 libras. Detido en 2004, foi encarcerado durante catro anos e medio.[16][17]

Publicacións

A Biblioteca publicou unha serie de libros sobre a súa historia e coleccións, incluíndo catálogos de manuscritos, unha bibliografía das publicacións de Gales, Rexistros Parroquiais de Gales, e os estudos académicos de Gwen John, Williams Kyffin e outros. A Biblioteca tamén publica o Diario da Biblioteca Nacional de Gales (National Library of Wales Journal).

Contidos dixitais

Moitos dos manuscritos máis importantes e os libros foron dixitalizados e están dispoñíbeis gratuitamente para ver na páxina web da biblioteca dixital.[18] A Biblioteca ten a intención de dixitalizar gran parte das imaxes, sons e coleccións de material impreso no 2018.[19]

Revistas en liña en galés

A Biblioteca atópase dixitalizando 50 números atrasados de revistas referentes a Gales, en galés e inglés, en Welsh Journals Online [1] proxecto fundado por JISC, financiado por JISC. Isto ha formar o maior rexistro de texto galés na Web, así como permitir o libre acceso de todos aos artigos académicos sobre a historia, a literatura, a ciencia, poemas e recensións de libros. O sitio web conterá un total de 400.000 páxinas. Despois de que o proxecto estea terminado, as novas emisións dos títulos agregaranse a medida que xurdan a partir dun período de retención acordado coa editorial.[20]

Entre os cincuenta títulos inclúense:[21]

Notas

  1. "National Library Centenary celebrations". BBC Mid Wales. 20-02-2007. Arquivado dende o orixinal o 30-06-2012. Consultado o 16-11-2010. 
  2. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de agosto de 2008. Consultado o 16 de novembro de 2010. 
  3. http://www.llgc.org.uk/index.php?id=6
  4. Wmffre, Iwan, 'National Library', The Place-Names of Cardiganshire, Vol. III, pp. 980-981 (BRA British Series 379 (III), 2004, ISBN 1-84171-665-0)
  5. "Yny lhyvyr hwnn". National Library of Wales. 
  6. "Y Beibl Cysegr Lan". National Library of Wales. 
  7. "The Black Book of Carmarthen". National Library of Wales. Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2007. Consultado o 16 de novembro de 2010. 
  8. "The book of Taliesin : digital version". National Library of Wales. 
  9. "The Hengwrt Chaucer". National Library of Wales. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2008. Consultado o 16 de novembro de 2010. 
  10. "The Welsh Political Archive". National Library of Wales. 
  11. "National Screen and Sound Archive of Wales". National Library of Wales. Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2006. Consultado o 16 de novembro de 2010. 
  12. "The Map Collection". National Library of Wales. Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2010. Consultado o 16 de novembro de 2010. 
  13. "The National Collection of Welsh Photographs". National Library of Wales. 
  14. "The Picture Collection". National Library of Wales. Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2010. Consultado o 16 de novembro de 2010. 
  15. "Print Material". National Library of Wales. Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2010. Consultado o 16 de novembro de 2010. 
  16. "Man stole 50 maps from library". BBC News. 2004-10-08. 
  17. "£70,000 rare map thief is jailed". BBC News. 2004-12-22. 
  18. "Digital Mirror". National Library of Wales. Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2007. Consultado o 16 de novembro de 2010. 
  19. "Wales politics Library's £20m digital project". BBC News. 2008-10-01. 
  20. Welsh Journals Online
  21. "Journals included". Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2011. Consultado o 16 de novembro de 2010. 
Kembali kehalaman sebelumnya