Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Bill Aston

Modelo:BiografíaBill Aston
Biografía
Nacemento29 de marzo de 1900 Editar o valor en Wikidata
Hopton, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte4 de marzo de 1974 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Lingfield, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro, piloto de automobilismo, piloto de probas, piloto de motociclismo, piloto de Fórmula Un Editar o valor en Wikidata
EmpregadorAston Butterworth Editar o valor en Wikidata
DeporteMotociclismo Editar o valor en Wikidata

William "Bill" Aston (nado o 29 de marzo de 1900, en Hopton, Staffordshire, finado o 4 de marzo de 1974, en Lingfield, Surrey) foi un piloto británico de carreiras que participou en tres Grandes Premios do Campionato do Mundo, en 1952, cando o campionato disputouse baixo as normas da Fórmula 2, co seu propio equipo Aston Butterworth.

Antes de tomar parte nas carreiras dos Grandes Premios do Campionato do Mundo, Aston foi piloto de probas e piloto de motocicletas. Pasouse á competición das catro rodas cun Cooper-JAP na Fórmula 3 e máis adiante debutou na Fórmula Dúas. Estivo preto de gañar unha carreira en Chimay en 1951, pilotando un Cooper de 1.100 c.c., pero o seu coche fallou na última volta.[1] Nese mesmo ano estableceu unha marca mundial de velocidade de 500cc en Montlhéry nun Cooper aerodinámico, equipado cun motor bicilíndrico en V J.A.P..[2]

En 1952 uniuse á Archie Butterworth para construír o Aston Butterworth, un coche que correu bastante ben, pero desafortunadamente non era moi fiable. Participou co coche no Gran Premio de Alemaña de 1952, pero fallou na segunda volta. No Gran Premio de Italia de 1952 non puido cualificar. Aston correu con 60 anos, cun Mini e un Jaguar antes de retirarse.

Resultados completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 Pos. Puntos
1952 W S Aston Aston NB 41 Butterworth 4 en liña SUI 500 BEL FRA GBR
NTS
ALE
Ret
NED ITA
NSC
NC 0

Notas

  1. Motor Sport, June 1951, Page 298.
  2. Motor Sport, novembro de 1951, Page 530.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya