Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Bolo alimentario

Bolo alimentario dun albatros que inseriu lixo, coma fíos de pesca ou un cepillo de dentes. Tern Island (Hawai)

Na dixestión, o bolo alimentario[1] (do latín bolus, 'bóla') é unha masa de alimentos (nos animais que mastigan) que foi esmagada polas moas no porceso de mastigación e mesturada con saliva.

Durante o proceso de insalivación o bolo alimentario remata de se formar.

A formación do bolo alimentario persegue aumentar a relación superficie-volume das partículas dos alimentos e así facilitar a acción dos enzimas dixestivos sobre estas e, por outra parte, facilitar a súa deglutición.

Ao chegar ao estómago, en contacto co zume gástrico, convértese en quimo.[2]

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bolo. Consultado o 14-08-2017.
  2. "bolus (biology) - Britannica Online Encyclopedia". Britannica.com. Consultado o 2012-02-21. 
Kembali kehalaman sebelumnya