Brais Morán Mato[1], nado en Ourense o 17 de maio de 1983[2], coñecido artisticamente como Brais Morán, é un guitarrista e vocalista galego de pop.
Traxectoria
Licenciado en Historia da arte e mestrado en Museoloxía e Crítica Contemporánea, Morán iniciou a súa carreira musical en 1997 tocando a guitarra eléctrica en Zumbido, aínda que non foi membro estable deste grupo de punk rock experimental[3].
Despois, en 2005, foi un dos fundadores e integrantes de Loretta Martin, unha banda de funk coa que editou tres discos.
En 2015 editou en solitario Cruzando o eclipse, e en 2018 o seu segundo álbum, No Mato do desespero. Di de si mesmo que ten influencias do rock, o funk, a música brasileira, a música africana e a tradición galega[4]. Tamén recoñece influencias de Narf[5].
Familia
É fillo de César Morán e sobriño de Miguel Mato.
Obra
Cos Loretta Martin
En solitario
Vida persoal
Está establecido en Perillo e ten parentes en Ponteceso[6]. Dá clases de música[6].
Notas