Laura, unha simple ama de casa, casada e con fillos coñece por casualidade nunha estación de tren que ela frecuenta diariamente un médico chamado Alec, tamén casado. Os dous inician unha amizade aparentemente inocente que aos poucos se converte nunha paixón entre ambos. Entón comezan unha relación amorosa secreta.
Alfie Bass (sen acreditar) como camareiro do Royal
Wallace Bosco (sen acreditar) como doutor no accidente de Bobbie
Sydney Bromley (sen acreditar) como Johnnie, segundo soldado
Valentine Dyall (sen acreditar) como Stephen Lynn, amigo de Alec
Irene Handl (sen acreditar) como violoncellista e organista
Rodaxe
Gran parte do filme foi rodado na estación de Carnforth en Lancashire, daquela da London, Midland and Scottish Railway. Ao precisarse unha estación con xente, localizouse lonxe de calquera cidade grande para evitar os apagóns, xa que a rodaxe tivo lugar a principios de 1945, antes da fin da segunda guerra mundial. En dous momentos do filme indícase a localización da estación mediante sinais nas beiravías referidos a destinos locais, incluíndo Leeds, Bradford, Morecambe e Lancaster. Noël Coward realizou os anuncios da estación para o filme. A cantina da estación recreouse en estudio. A estación de Carnforth aínda conserva moitos elementos presentes no filme e é un lugar de peregrinación para fans do filme.[4] Non obstante, algunhas escenas urbanas foron filmadas en Londres, en Denham ou en Beaconsfield, preto dos estudios Denham, en que se realizou o filme.[5]
Breve encontro foi aclamado trala súa estrea,[6] aínda que había dúbidas sobre se sería popular.[7] Foi votado como un dos 10 mellores filmes realizados en dúas enquisas diferentes a críticos en 1952.[8] En 1999 o filme quedou segundo na lista BFI Top 100 British films, do British Film Institute'.
↑Whitaker, Brian (comp.) (1990). Notes & Queries. Fourth Estate. ISBN1-872180-22-1.
↑Turner, Adrian (26 de xuño de 2000). "Brief Encounter". Consultado o 17 de marzo de 2017. On its initial release, Brief Encounter was hailed as a groundbreaking piece of realism [...]