Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

CFM International

CFM International

Editar o valor en Wikidata
Tipoempresa conxunta
Fundación1974
MatrizGE Aviation
Safran Aircraft Engines
Industriaaeroespacial
Produtosmotores
Na rede
http://www.cfmaeroengines.com
Twitter: cfm_engines Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

CFM International é unha empresa conxunta 50/50 entre GE Aviation, unha división da estadounidense General Electric, e Safran Aircraft Engines (anteriormente coñecida como Snecma), unha división da francesa Safran. Formouse para construír e apoiar a serie de motores turboventiladores CFM56. A compañía é a líder mundial na subministración de motores para avións comerciais, entregando ata a data máis de 37 500 dos seus motores a máis de 570 operadores. En 2019 tiña o 39% da cota de mercado mundial de motores de avións comerciais.[1]

Os nomes de CFM International e da liña de produtos CFM56 derivan das designacións de motores comerciais das dúas compañías nais: CF6 de GE e M56 de Snecma.

No ano 2019 CFM International entrgou máis de 2 100 motores valorados en 30 700 millóns de dólares. Ese ano CFM recibiu pedidos por 2 148 motores, incluídos 180 CFM56 e 1 968 LEAP.[2]

Produtos

Notas

  1. "Global aircraft engine market share by manufacturer". Statista (en inglés). Consultado o 2022-05-24. 
  2. "CFM Logs More Than 2,100 Engine Orders in 2019". CFM International (en inglés). Consultado o 2022-05-25. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya