Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

CG-2.2

CG-2.2
Vía de Altas Prestacións Lugo-Monforte de Lemos
Mapa
Vía de altas prestacións CG-2.2
CG-2.2 ao seu paso por Sarria
ID antigo
Identificador
TipoloxíaVía de altas prestacións
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude44,99 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio N-6  Nadela
Fin VG-2.1  Monforte de Lemos
Circulación
TránsitoRodado, non peonil
Velocidade máxima
Restricións viarias

A CG-2.2 ou Vía de Altas Prestacións Lugo-Monforte de Lemos[1][2] (na provincia de Lugo), é un corredor galego de altas prestacións da Xunta de Galicia que une as localidades de Nadela (Lugo) e Monforte de Lemos; atravesa os concellos de Lugo, O Corgo, O Páramo, Sarria, O Incio, Bóveda e Monforte de Lemos. Ten unha lonxitude de 44,99 quilómetros (13,5 quilómetros entre Nadela e A Pobra de San Xiao e 31,49 quilómetros entre Sarria (centro) e Monforte de Lemos) e iníciase nun cruzamento coa N-6 en Nadela (Lugo) e finaliza nun cruzamento coa VG-2.1 en Monforte de Lemos.

Percorrido

Inicia na rotonda da estrada nacional N-6 no lugar de Nadela (concello de Lugo), coas conexións ás autovías A-6 e A-54 e á estrada LU-546. Na rotonda da N-6, as direccións, un ao oeste a Lugo e outro ao leste ao Corgo, para a autovía A-6 con dirección a Lugo, A Coruña e Madrid, para a autovía A-54 con dirección a Santiago de Compostela e para a estrada LU-546 con dirección á Pobra de San Xiao. Seguindo á ligazón da estrada LU-P-1608 con direccións, un ao norte ao lugar da Campa (concello do Corgo) e outro ao sur ao lugar do Fental (mesmo concello), no lugar de San Fiz (mesmo concello), seguindo á ligazón da estrada LU-P-1611, coas direccións, un ao oeste ao lugar de Camposo (mesmo concello) e outro ao leste ao lugar das Casetas (mesmo concello), seguindo á ligazón da estrada LU-P-4304, coas direccións, un ao oeste ao lugar do Piqueiro (concello do Páramo) e outro ao leste á parroquia de Pobra de San Xiao (concello de Láncara), e chegando ao momento final do corredor coa conexión á autovía AG-22 con dirección a Sarria.

Coa final da autovía AG-22 no oeste de Sarria, seguindo á ligazón da estrada LU-633 con dirección a Sarria, seguindo á ligazón da estrada LU-546, con direccións, un ao norte a Sarria e outro ao sur ao lugar de Callás (concello de Sarria) no lugar de Lamarrigueira (mesmo concello), seguindo á ligazón da estrada LU-546, con direccións, un ao norte ao lugar de San Pedro (mesmo concello) e outro ao sur ao lugar do Oural (mesmo concello), no lugar do Oural, seguindo á ligazón da estrada LU-546, con direccións, un ao norte ao lugar de Santa Cruz do Oural (concello do Incio) e outro ao sur ao lugar do Túnel (mesmo concello), no lugar do Túnel. Seguindo á ligazón da estrada LU-644 con direccións, un ao oeste ao lugar de Pacio do Río (concello de Bóveda) e outro ao leste ao lugar de Codesido (concello do Incio), na parroquia de Rubián (concello de Bóveda), seguindo á ligazón da estrada LU-652 con direccións, un ao norte a Bóveda e outro ao sur á Estación da Pobra do Brollón, no leste de Bóveda, seguindo á ligazón da estrada LU-546 con direccións, un ao norte ao lugar dos Ramos (concello de Monforte de Lemos) e outro ao sur ao norte de Monforte de Lemos, no lugar do Campo (mesmo concello), seguindo á ligazón da estrada LU-P-3202 con direccións, un ao norte ao lugar das Devesas (mesmo concello) e outro ao sur ao norte de Monforte de Lemos e remata na rotonda da VG-2.1 coa estrada LU-617, para a VG-2.1 vai coa dirección a Lalín a través do corredor de Monforte de Lemos-Lalín e para a estrada LU-617, un ao oeste ao lugar da Trincheira (mesmo concello) e outro ao leste ao noroeste de Monforte de Lemos.

Historia

A estrada LU-546 era unha das máis transitadas da provincia de Lugo, cunha intensidade media diaria de vehículos (IMD) que superaba os 11.000 vehículos diarios. Ademais, o paso polas localidades convertíaa nunha vía perigosa. Por ese motivo a Xunta de Galicia iniciou as obras de construción do corredor CG-2.2, no tramo inicial da variante de Sarria, en abril de 2005,[3] unha vía de altas prestacións co mesmo percorrido pero evitando o paso polo centro das localidades, exercendo de variante das mesmas.

En decembro de 2008[4][5] inaugurouse o primeiro treito, entre a rotonda de Nadela e Sarria (sur), que supoñía a redución dos tempos de viaxe entre Lugo e Sarria a 20 minutos. As obras continuaron cara ao sur e en outubro de 2012[6][7][8] inaugurouse un novo de treito de 7 quilómetros ata o concello do Incio. En outubro de 2015[9][10][11][12] abriuse o treito entre Bóveda e Monforte de Lemos, completándose o corredor coa inauguración do treito entre O Incio e Bóveda en novembro de 2015.[13][14][15][16]

Treitos

Tramos orixinais  CG-2.2 

Denominación Treito Kms Ano servizo
 CG-2.2   N-6  Nadela -  LU-546  Sarria (sur) 26,8 2008[4][5]
 CG-2.2   LU-546  Sarria (sur) -  LU-546  O Incio 7 2012[6][7][8]
 CG-2.2   LU-546  O Incio -  LU-652  Bóveda 9 2015[13][14][15][16]
 CG-2.2   LU-652  Bóveda -  VG-2.1  Monforte de Lemos (norte) 11,7 2015[9][10][11][12]

Conversión en  AG-22 

Denominación Treito Kms Ano servizo
 AG-22  A Pobra de San Xiao - Sarria (centro)
Tramo: A Pobra de San Xiao - Sarria (centro) (sentido Sur)
Subtramo: A Pobra de San Xiao - Sarria (norte) (sentido Norte)
Subtramo: Sarria (norte) - Sarria (centro) (sentido Norte)
 
9,7
8,5
1,2
 
2022[17][18][19]
2022[20][21][22]
2022[17][18][19]

Notas

  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023. 
  3. "Fin a una espera de 15 años". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 30 de abril de 2005. 
  4. 4,0 4,1 "La esperada apertura al tráfico del corredor acerca Lugo y Sarria al reducirse a la mitad el tiempo de viaje actual". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de decembro de 2008. 
  5. 5,0 5,1 "Sarria y Lugo están un poco más cerca tras la apertura del corredor". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de decembro de 2008. 
  6. 6,0 6,1 "Feijóo destaca a posta en funcionamento, nesta lexislatura, de 100km de vías de alta capacidade, "un terzo do total na provincia de Lugo"". Consultado o 26 de outubro de 2012. 
  7. 7,0 7,1 "El tramo del corredor abierto ayer permite adelantar en el 50% de sus siete kilómetros". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 27 de outubro de 2012. 
  8. 8,0 8,1 "Lugo y Sarria se acercan a Monforte". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 27 de outubro de 2012. 
  9. 9,0 9,1 "Feijóo asegura que grazas ao novo treito que une Bóveda con Monforte a circulación a través do sur da provincia de Lugo será máis segura e confortable". Consultado o 23 de outubro de 2015. 
  10. 10,0 10,1 "Abiertos al tráfico cerca de 12 kilómetros del corredor de Monforte a Sarria". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 24 de outubro de 2015. 
  11. 11,0 11,1 "Monforte y Lugo estarán unidos por corredor el mes que viene". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 24 de outubro de 2015. 
  12. 12,0 12,1 "La Xunta vincula los accesos al puerto seco a que haya empresas". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 24 de outubro de 2015. 
  13. 13,0 13,1 "Ábrese ao tráfico o treito de 9 quilómetros entre enláceo do Incio e Bóveda que completan a Vía de Altas Prestacións Sarria-Monforte". Consultado o 27 de novembro de 2015. 
  14. 14,0 14,1 "La apertura del corredor deja Lugo a treinta minutos de Monforte". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 28 de novembro de 2015. 
  15. 15,0 15,1 "Monforte y Lugo, a treinta minutos". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 28 de novembro de 2015. 
  16. 16,0 16,1 "<<Monforte queda servido por una temporada>>, dicen los empresarios". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 28 de novembro de 2015. 
  17. 17,0 17,1 "A Xunta porá en servizo desde mañá un treito da nova autovía Nadela-Sarria desde o enlace da Pobra de San Xiao ata o de Sarria centro". Consultado o 27 de outubro de 2022. 
  18. 18,0 18,1 "Primer tramo de autovía Lugo-Sarria". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 29 de outubro de 2022. 
  19. 19,0 19,1 "La autovía Nadela-Sarria abre al tráfico los primeros 9 kilómetros". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 29 de outubro de 2022. 
  20. "Rueda reafirma o compromiso da Xunta coa vertebración interior de Galicia coa apertura do primeiro tramo da autovía Nadela-Sarria tras un investimento de 25 M€". Consultado o 23 de novembro de 2022. 
  21. "Once kilómetros de autovía". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 24 de novembro de 2022. 
  22. "La autovía entre Sarria y A Pobra de San Xiao abre en ambos sentidos". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 24 de novembro de 2022. 
Kembali kehalaman sebelumnya