Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Cabovilaño, A Laracha

Cabovilaño
Igrexa de San Román de Cabovilaño.
ConcelloA Laracha[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°14′50″N 8°36′38″O / 43.24733333, -8.61061111
Área7 km²
Poboación1.135 hab. (2018)
Densidade162,14 hab./km²
Entidades de poboación39[1]
editar datos en Wikidata ]

San Román de Cabovilaño[1] é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 1.135 habitantes (563 homes e 572 mulleres) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón un aumento con relación ao ano 1999 cando tiña 1.035 habitantes. En 2004 tiña 1.035 habitantes (521 homes e 514 mulleres).

Xeografía

Está bañada polo Rego de Quenxe, tamén coñecido por Río Vilán.

A estrada comarcal AC-552 percorre a parroquia desde o principio (A Telleira) ao fin (A Braña Grande). A autoestrada AG-55 ten un acceso no lugar do Cancelo.

A proximidade á capital municipal favorece o nivel de servizos e instalacións que dispón: abastecemento de auga e saneamento, pista polideportiva, local social.

Patrimonio

No lugar do Castro (A Lagarteira) está o castro de San Román. Tamén estaba na parroquia o castro de Riotorto, destruído pola construción da AG-55.

Lugares e parroquias

Lugares de Cabovilaño

Lugares da parroquia de Cabovilaño no concello da Laracha (A Coruña)

Ambroa | O Amieiro | Arén | A Braña Grande | A Braña | A Cacharra | O Campón | O Cancelo de Abaixo | O Cancelo de Arriba | O Cancelo do Medio | Cardois | A Casanova | O Castro | O Chamusco | A Costa | O Cuartel | O Feal | Fermelle | A Forxa | O Grixario | A Lagarteira | Os Mouriños | Nogán | Oldán | Padronelo | O Quinto | Raxido | A Rega | O Regado | As Ribas | Riotorto | O Salgueiral | Sande | A Teixoeira | A Telleira | A Torre | Trasande | O Vilar | Xeriz

Parroquias da Laracha

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias da Laracha

Cabovilaño (San Román) | Caión (Santa María do Socorro) | Coiro (San Xián) | Erboedo (Santa María) | Golmar (San Bieito) | Lemaio (Santa Mariña) | Lendo (San Xián) | Lestón (San Martiño) | Montemaior (Santa María Madanela) | Soandres (San Pedro) | Soutullo (Santa María) | Torás (Santa María) | Vilaño (Santiago)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Kembali kehalaman sebelumnya