En álxebra, o cadrado dun número é o resultado de multiplicar ese número por si mesmo. Represéntase por un 2 elevado: un número x ao cadrado represéntase x2.
Se x é un número real positivo, o valor de x2 é igual ao da área dun cadrado que ten os lados de lonxitude x.
Pode ser útil lembrar que o cadrado de calquera número é equivalente á suma:
- 1 + 1 + 2 + 2 + ... + (n − 1) + (n − 1) + n.
Por exemplo, 42 é igual a:
- 1 + 1 + 2 + 2 + 3 + 3 + 4 = 16.
Isto pode ser útil para atopar axiña o cadrado dun número grande. Por exemplo, o cadrado de:
- 522 = 502 + 50 + 51 + 51 + 52 = 2500 + 204 = 2704.
Véxase tamén
Outros artigos