Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Camp Nou

Camp Nou
Datos
Coordenadas41°22′51″N 2°07′22″L / 41.380833333333, 2.1227777777778
LocalizaciónArístides Maillol, 12, 08028;
Barcelona, España
Construción
Inauguración24 de setembro de 1957
ArquitectoFrancesc Mitjans
Josep Soteras
Lorenzo García-Barbón
Custo288000000 pesetas
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións107 x 72 m
Capacidade98.600 espectadores
PropietarioFútbol Club Barcelona
LocalíaFutbol Club Barcelona
Webhttps://www.fcbarcelona.com/en/club/facilities/camp-nou/
Eventos
editar datos en Wikidata ]

O Camp Nou[1] é un estadio de fútbol situado no distrito de Les Corts da cidade de Barcelona, Cataluña. É o estadio do Futbol Club Barcelona. No momento da súa inauguración, en 1957, foi bautizado simplemente como Estadio do FC Barcelona. Non foi ata o ano 2001 en que se adoptou oficialmente o nome actual, que é a denominación coa que popularmente sempre foi coñecido.

Cunha capacidade actual de 99.354 espectadores, é o estadio con máis capacidade de Europa e o sexto do mundo. Ten, desde 1998, a máxima cualificación (5 estrelas) que a FIFA pode atorgar a un estadio, sendo o primeiro estadio español en conseguir esta categoría.

Historia

O Camp Nou foi inaugurado o 24 de setembro de 1957. Foi creado polo ex dono do barcelona Joan Gamper. Organizáronse unha serie de actos conmemorativos e un partido de fútbol amigable entre o FC Barcelona e a Selección de Varsovia (Legia Warszawa), que concluíu con vitoria do conxunto local por 4-2. O primeiro gol do partido e, xa que logo, o primeiro gol na historia do Camp Nou marcouno o barcelonista Eulogio Martínez.

O primeiro partido oficial que acolleu o Camp Nou tivo lugar o 6 de outubro de 1957 e enfrontou o FC Barcelona co Real Jaén, en partido correspondente á cuarta xornada da Liga española de fútbol. O resultado foi de 6-1 a favor dos locais.

Vista exterior do estadio

O Camp Nou foi obxecto de diversas remodelacións. A primeira tivo lugar en 1981, na que se ampliou o estadio con vistas á Copa Mundial de Fútbol de 1982 que se disputou en España. O aforamento do estadio situouse entón en 120.000 espectadores. A segunda remodelación tivo lugar en 1994, para adecualo ás normativas da UEFA, que obriga a que todas as localidades sexan de asento. Iso obrigou a rebaixar o nivel do céspede para que, coa desaparición das zonas do montón, o estadio perdese o menor número de localidades posible. O aforamento situouse nas actuais 98.934 localidades, todas de asento.

En setembro de 2007, coincidindo co 50 aniversario da inauguración, o club puxo en marcha o proxecto de remodelación máis importante da súa historia para poder afrontar as necesidades actuais. Esta remodelación aumentará o seu número de localidades ata máis de 113.000.

Eventos sociais e musicais

O Camp Nou tamén foi escenario de varios eventos sociais e musicais, como os seguintes:

Situación e accesos

O Camp Nou está situado ao sur do extremo oeste da Avinguda Diagonal, no barrio de La Maternitat do distrito de Les Corts de Barcelona. Ocupa o espazo comprendido entre a Avinguda Joan XXIII (norte) e as rúas de La Maternitat (leste), Travessera de les Corts (sur) e Arístides Maillol (oeste).

Pódese acceder ao estadio en transporte público, mediante metro, tranvía e autobús:

Transporte Estacións e liñas
Metro Palau Reial
Maria Cristina
Les Corts
Badal
Collblanc
Trambaix Avinguda de Xile
Palau Reial
Pius XII
Autobús V1, V3, H6, H8, D20, 7, 33, 52, 54, 59, 63, 67, 70, 75, 78, 113, 157
M12
N2, N3, N12, N14

Galería de imaxes

Notas

  1. O estadio chámase oficialmente Camp Nou, que significa Campo Novo en catalán. Ás veces emprégase erroneamente a denominación Nou Camp.
  2. Colomer, M.; González, S. (20 abril 2013). "Un Camp Nou per l'estat propi per impulsar el procés". Ara. 

Véxase tamén

Ligazóns externas


Kembali kehalaman sebelumnya